Este sábado a nosa asociación AGAES organiza unha visita guiada ó Centro Cultural Afundación, ás 11:45 h , na rúa do Vilar nº 19 , onde se acolle a mostra 'Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre', un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a propia fundación.
A mostra vén celebrar que toda a herdanza pictórica que Maside deixou a Galicia se atopa xa en Compostela, o lugar no que o artista viviu e no que dispuxo que a súa obra repousase. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van desde o óleo ata a acuarela pasando pola tinta chinesa sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores, xa que figura de Maside foi clave no renacemento pictórico galego.
O prezo da visita será 1 € por persoa, avisar antes do xoves día 13 do presente ó correo da asociación que está posto no blog (arriba a esquerda)
Ler máis sobre a exposición
Ningún comentario:
Publicar un comentario