https://www.elobservadordelabelleza.com/reportaje/ecuacion-matematica-mas-bella/
Etiquetas
- Acrosport
- Arqueoloxía
- Asembleas
- Astronomía
- Biografías
- Boletíns
- Calendario Matemático
- Campamentos
- Celebracións
- Concursos
- Congresos
- Curiosidades
- Cursos
- Documentos
- Educación
- Fotos
- Guitiriz
- Historia
- Humor
- Informática
- Libros
- Música
- Novas
- Open Matemático
- Opinión
- Poesía
- Premios
- Prensa
- Problemas
- Recursos
- Revista Open
- Saídas Culturais
- Xogos
- Xuntanzas
domingo, 15 de outubro de 2017
Cál é a ecuación matemática máis fermosa da historia?
O filosófo e matemático británico Bertrand Russell aseguraba que “As matemáticas poseen no só verdade senón tamén a fermosura suprema”
https://www.elobservadordelabelleza.com/reportaje/ecuacion-matematica-mas-bella/
https://www.elobservadordelabelleza.com/reportaje/ecuacion-matematica-mas-bella/
luns, 25 de setembro de 2017
Asemblea Xeral AGAES
Un ano máis comezan as actividade de ESTALMAT-Galicia. O
primeiro dámoslle a benvida ás familias que comezan este curso a
peregrinaxe a Compostela, non para visitar a Catedral, senón a
Facultade de Matemáticas
Como todos os anos por estas
datas, realizamos a convocatoria xeral ordinaria da Asociación Galega de
Amigos ESTALMAT-Galicia (AGAES), cómpre, por tanto, convidar e contar
con todas as familias, inclusive as que comezan no 1º curso, para o
desenvolvemento da Asemblea.Contamos coa vosa presenza.
sábado, 23 de setembro de 2017
Inicio Curso ESTALMAT-Galicia
A décimo primeira promoción de Estalmat-Galicia comeza este sábado as actividades
O programa, avalado pola Real Academia de Ciencias, conta co apoio do Consello Social da USC, da Consellaría de Educación, das Deputacións da Coruña e Lugo e da Fundación Española de Ciencia y Tecnología.Os 25 estudantes que conforman a 11ª promoción de Estalmat-Galicia de estímulo do talento matemático en rapaces de 12 e 15 anos, participarán este sábado 23 no acto inaugural do curso 2017-2018, que terá lugar ás 10:30 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.
[Ler máis]
luns, 17 de xullo de 2017
Maryam Mirzakhani
Los medios de comunicación de todo el mundo se han hecho eco del fallecimiento de la matemática iraní Maryam Mirzakhani, primera y, hasta la fecha, única mujer ganadora de la Medalla Fields.
Recogemos aquí algunas de las referencias en prensa:
El País
El Mundo
ABC
Universidad de Stanford
Iran Front Page
E4G-2017 = Encontro Egresados e Estudantes ESTALMAT-Galicia
Dez promocións de talento matemático galego
Estalmat-Galicia cumpre o seu décimo aniversario reunindo en Matemáticas os seus estudantes e egresados
Como non podía ser doutra maneira, os máis de 70 rapaces e rapazas que este sábado participaron no encontro E4G-2017 para conmemorar o décimo aniversario de Estalmat-Galicia celebraron a efeméride cunha batalla matemática e un xogo de rol.
[Ler máis]
Como non podía ser doutra maneira, os máis de 70 rapaces e rapazas que este sábado participaron no encontro E4G-2017 para conmemorar o décimo aniversario de Estalmat-Galicia celebraron a efeméride cunha batalla matemática e un xogo de rol.
[Ler máis]
venres, 14 de xullo de 2017
E4G-2017 = Encontro Egresados e Estudantes ESTALMAT-Galicia
Estalmat-Galicia reúne por primeira vez as súas dez promocións de estudantes e egresados
O encontro E4G-2017 terá lugar este sábado en Matemáticas
A Facultade de Matemáticas será este sábado 15 o escenario do encontro das dez promocións do programa de estímulo do talento matemático que xa cursaron polo menos un curso. Con motivo da celebración dos dez anos de implantación de Estalmat-Galicia, durante toda a xornada os máis de 70 estudantes que asisten participarán en diversas actividades lúdico-matemáticas.
[Ler máis]
domingo, 25 de xuño de 2017
Visita Escola de Enxeñaria de Telecomunicacións Vigo
Esta actividade está dirixida aos socios de AGAES e está prevista para o venres 30 de xuño en horario de 9:45 a 14:00 horas. O programa previsto é o seguinte:
| 09:45 a 10:45 | charla descriptiva sobre a escola con proxeción de vídeo. |
| 10:45 a 11:15 | taller sobre seguridade na navegación web. |
| 11:15 a 11:30 | café. |
| 11:30 a 12:00 | visita laboratorios e cámara/s anecoica/s. |
| 12:00 a 14:00 | talleres Appinventor y Scratch. |
O foro está limitado a 20 persoas, que se seleccionarán por orde de inscrición mediante o envío dunha mensaxe a amigosdoestalmat.galicia@gmail.com. O alumnado anotado deberá estar ás portas de TELECOMUNICACIONS EN VIGO ás 9.45 h. e sairán ás 14 h. As familias que queiran, tamén poden comer no comedor de Teleco e Minas e en todo caso éstas serán as encarregadas e as responsables da viaxe tanto de IDA como de VOLTA
venres, 16 de xuño de 2017
Seleccionados ESTALMAT-Galicia 2017
Xa está dispoñible a listaxe dos estudantes que foron seleccionados para participar no Proxecto ESTALMAT-Galicia a partir do próximo curso académico.
A entrevista persoal cos candidatos e as súas familias terá lugar na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela o sábado 17 de xuño.
En caso de producirse algunha renuncia nos 25 primeiros, os suplentes clasificados nos primeiros lugares que correspondan serán contactados polo Comité Organizador.
martes, 13 de xuño de 2017
Nomeamento Universidade de Santiago
A profesora Elena Vázquez Cendón, nova decana da Facultade de Matemáticas da USC
A profesora titular de Matemática Aplicada da USC, Elena Vázquez Cendón, vén de ser elixida decana da Facultade de Matemáticas da USC. Acompañarana no seu equipo os vindeiros catro anos as profesoras Rosana Rodríguez López como vicedecana, que asumirá a coordinación do grao en Matemáticas e os dous dobres títulos, e Beatriz Pateiro López como secretaria e responsable dos programas de mobilidade.
Elena Vázquez Cendón é a coordinadora xeral, dende xullo do 2014, do programa de Estímulo do Talento Matemático (ESTALMAT-Galicia) para nenos e nenas de 12 a 15 anos en Galicia
[Ler máis]
venres, 2 de xuño de 2017
Proba de aptitude ESTALMAT-Galicia 2017
404 aspirantes para conformar a 11ª promoción do proxecto ESTALMAT-Galicia 2017
A proba de selección celébrase este sábado na Facultade de Matemáticas.
Para celebrar os dez anos do proxecto Estalmat-Galicia, 404 estudantes de toda Galicia nacidos en 2004 e 2005 participarán este sábado nas probas de selección dos 25 estudantes da 11ª promoción do Proxecto ESTALMAT- Galicia para a detección e estímulo do talento en matemáticas, no que é un novo récord de participación.
[Ler máis]
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







