xoves, 8 de marzo de 2018

International camp FdI-2018




International camp FdI-2018


14–18 years old students from all over the world are invited to take part in the 7th international session of the Multi-disciplinary summer camp «Formula of Unity».
Dates: July 16–30, 2018.
Place: recreation site «Manor of the lake Sirkojarvi» in 40 km to the north of St. Petersburg (near Garbolovo).
Transfer: traditionally, we meet each team at the airport and accompany the participants to the camp. It is important that you arrive to St. Petersburg on July 16 not later than at 16:00 and leave the camp on July 30 (not earlier).
Living conditions: lodging in rooms for 2 persons each, facilities on the floors, 6 meals per day, individual food requirements can be met.
Infrastructure: green territory, forest, sport facilities, meeting hall, own beach at the lake.

http://thales.cica.es/estalmat/?q=node/196 

martes, 6 de marzo de 2018

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia

A USC, a través da Oficina de Igualdade de Xénero, súmase á conmemoración desta data con dúas actividades para visibilizar o traballo das científicas e rescatar do esquecemento ás pioneiras que pasaron pola nosa universidade.

http://www.usc.es/gl/servizos/oix/modules/news/news_0071.html 

domingo, 4 de marzo de 2018

"Encontro con ASAC: non son raro, 23 anos de talento en Galicia"


Atendendo á petición  de AGAES, dentro da programación ESTALMAT-Galicia, o sábado 10 de marzo ás 11h.  celebrarase a segunda sesión coas familias do curso 2017-18, baixo o título "Encontro con ASAC: non son raro, 23 anos de talento en Galicia".
Contaremos neste acto coa presenza da presidenta e secretaria de ASAC, Mar Uzal e Katia Sánchez, respectivamente.

martes, 27 de febreiro de 2018

DESPDIDA DA PROMOCIÓN 2015

A promoción de 2015 de Estalmat Pi celebrou este sábado 24 o seu acto de despedida na Facultade de Matemáticas. Estalmat Pi é un programa anual que se lle ofrece ao alumnado que remata os dous primeiros cursos de ESTALMAT-Galicia (Programa para o ESTímulo do TALento MATemático) para que non perda o contacto e a afección polas matemáticas.

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_02/noticia_0099.html

luns, 26 de febreiro de 2018

Lucía Ferrer Porto de Estalmat-Galicia campioa de Galicia



A alumna Lucía Ferrer Porto de Estalmat-Galicia, medalla de ouro e campioa de Galicia en 60 m. lisos e prata en 60 m. valados nas probas que se celebraron este sábado 24 de febreiro.
https://youtu.be/9MY01CfqtLw

Noraboa para Lucía pola adicación e traballo.

sábado, 24 de febreiro de 2018

XXX Open Matemático

O xoves 22 de febreiro celebrouse a última e presencial xornada do XXX Open Matemático que, en Galicia, tivo lugar na Facultade de Matemáticas de Santiago.

Parabén a todo os participantes de AGAES-ESTALMAT-Galicia que, como edicións pasadas, están obtendo moi bos resultados.

martes, 6 de febreiro de 2018

Ramón Verea, o galego que inventou a máquina multiplicadora

Tal día como hoxe, o 6 de febreiro de 1899, morría pobre en Bos Aires o gran inventor galego Ramón Verea, creador da primeira máquina multiplicadora, que hoxe se conserva na sede da IBM en Nova York e no Instituto Smithsonian de Washington. A súa xenial historia está na nosa nova reportaxe da sección.
GCiencia?
http://www.gciencia.com/historias-gc/ramon-verea-galego-calculadora-multiplicadora/

AS MATEMÁTICAS TEÑEN UNHA LINGUAXE PROPIA...

As matemáticas contan coa súa propia linguaxe, a linguaxe matemática. Comprendela e saber utilizala é unha das competencias que debedes adquirir nos estudos do grao en Matemáticas. Xunta esta habedes conseguir outra: comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en matemáticas tanto a un público especializado como non especializado.
Daquela, non só comprenderedes o que é senón que seredes quen de comunicárllelo a outras persoas. E para iso utilizaredes linguas naturais; calquera delas, a que mellor se adapte ao voso interlocutor; e que vós coñezades, naturalmente.
Moitos de vós -probablemente, a maioría- atoparedes en Galicia a vosa saída profesional. Outros sairedes ao exterior. Debedes contar coa mellor preparación posible. Aprendede linguas. Mais seguide aprendendo e cultivando tamén a lingua deste país, o galego, para poderdes trasladarlles a beleza das matemáticas aos galegos e galegas.

martes, 23 de xaneiro de 2018

XXX Open Matemático — seguimento



Nesta entrada do blog poderedes consulta-los enunciados dos problemas, as solucións e as clasificacións tras cada unha das seis xornadas de que consta o Open Matemático.







Xornada Data Límite Problemas Clasificación
22 de xaneiro enunciados  solucións
xeral  beleza  
29 de xaneiro enunciados  soluciónsxornada  xeral  beleza 
5 de febreiro enunciados  soluciónsxornada  xeral  beleza
12 de febreiro enunciados  soluciónsxornada  xeral  beleza
19 de febreiro enunciados  soluciónsxornada  xeral  beleza
22 de febreiro enunciados  soluciónsxornada  xeral prov.v2  beleza


Notas:
  • A hora límite para a finalización de cada unha das xornadas son as 14:30 horas da data límite indicada na táboa.