sábado, 21 de decembro de 2013

Cando comeza o inverno?


Este ano o inverno comeza hoxe,  sábado 21 de decembro ás 18:11, e prolongarase durante 88 días e 23 horas ata a chegada do equinoccio de primavera. Para determinar con exactitude o momento en que pasamos dunha estación a outra, os investigadores empregan o método astronómico que axiña explicamos.
Ao contrario do que se pensa, as estacións non dependen da distancia da Terra ao Sol, que só varía nuns cinco millóns de quilómetros entre o perihelio (punto máis cercano dun corpo celeste con respecto ó sol)  e o afelio (punto máis lonxano dun corpo celeste con respecto  ó sol). A sucesión de catro estaciones diferentes débese á inclinación do eixe de xiro da Terra respecto ao plano da súa órbita de translación. Se o eixo da Terra non tivese unha inclinación de 23º, o Sol acharíase todo o ano sobre o ecuador, todas as rexións recibirían a mesma cantidade de luz solar e non existirían períodos de climatoloxía diferenciada.

O inicio do inverno vén dado polo punto da eclíptica no que o Sol alcanza a súa posición máis austral (sur). O día en que isto sucede, o Sol alcanza a súa máxima declinación Sur (-23º 27') e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia, e por iso, a esta circunstancia coñécella como solsticio (Sol quedo ) de inverno. Neste preciso instante, no hemisferio sur iníciase o verán.

O día do solsticio de inverno é, ademais, o de menor duración do ano. Doutra banda, nesta época do ano a Terra alcanza o perihelio da súa órbita, aínda que, como recalcamos anteriormente, este feito non repercute nas estacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario