Mathigon, é un libro dixital (e-book) interactivo dispoñible en liña, con xogos, vídeos ...
O problema para muitos é que está en inglés.
O problema para muitos é que está en inglés.
Na páxina dos Recursos Didácticos (Proxectos) de Educa Barrié temos varias Guías Didácticas , unha delas é esta de "Astronomía de Posición", onde se pode descargar en PDF con información e actividades. Existen moitas máis que se poden buscar por materias:
Explícoche Matemáticas 2.0’ é un concurso dirixido ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia e a estudantes de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia que promove a Facultade de Matemáticas da USC e a súa Comisión de Normalización Lingüística. O obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático. Os equipos gañadores recibirán un tablet bq Edison 2, que recibirán nun acto público no mes de maio, co gallo do Día das Letras Galegas






