
Explícoche Matemáticas 2.0’ é un
concurso dirixido ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia e a estudantes de
3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia que promove a Facultade de Matemáticas da USC e a súa Comisión de Normalización Lingüística.
O obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de
curtametraxes de dous minutos de duración
nas que se explique en galego un concepto matemático. Os equipos gañadores recibirán un tablet bq Edison 2, que recibirán nun acto público no mes de maio, co gallo do Día das Letras Galegas
Ler máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario