venres, 14 de febreiro de 2014

Curso iniciación ó manexo dun blog

O vindeiro sábado 15 de febreiro, ás 10:30 h na cafetería da Facultade de Matemáticas temos previsto dar unhas nocións básicas de iniciación ó manexo dun blog.  Segundo o número de interesados buscaremos o lugar axeitado. Se fosen poucos faríamolo na mesma cafetería, co permiso da mesma, e se fósemos moitos teríamos que, para outra sesión, buscar  outro lugar máis axeitado , como por exemplo un aula que alguén se preste a deixárnola.

De entrada, aqueles que queirades ir vendo algo, sabedes que na rede (internet) hai  moitísima información. Na ligazón anterior temos un destos exemplos que van explicando ós poucos todos os trucos que presenta esta ferramenta informática. 

Que podemos precisar  para aproveitar a charla?

-Algo onde apuntar
- Ter un conta de correo electrónico de gmail, se queremos  ser editor dun blogguer (por exemplo o mesmo da Asociación AGAES) ou se queremos  crear o noso propio blogue.
- Un ordenador portatil se queremos facer algunha práctica.
- Unha noticia interesante ou un vídeo  que queiramos subir. Por exemplo unha de Divulga Matemáticas
- O nome xa pensado do  "Título do blogue" se queremos crear un.

Ningún comentario:

Publicar un comentario