Como en anos anteriores a Comisión de Normalización Lingüistica da Facultade de Matemáticas, este curso coa colaboración da Fundación Barrié, abre o prazo para participar no concurso Explícoche Matemáticas 2.0.
Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso dirixido ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo) e a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia.
Organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración con educaBarrié, o obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.
Para concursar no Proxecto Explícoche Matemáticas 2.0, cada participante ou grupo participante debe preparar un vídeo de 2 minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas e onde a lingua empregada sexa o galego.
Remata o prazo de entrega o 8 de abril
Remata o prazo de entrega o 8 de abril
Ningún comentario:
Publicar un comentario