Unha investigación da Universidade de Granada revela que, aínda que eses dous factores son determinantes, a capacidade para enfrontarse á materia de matemáticas está influída pola cantidade de testosterona a que se estivo exposto no ventre materno, o que se reflicte na diferenza de lonxitude entre os dedos índice e anular.O ratio entre a lonxitude do dedo índice (2D) e a do dedo anular (4D), coñecido como digit ratio (2D:4D) é amplamente recoñecido como un biomarcador da exposición prenatal á testosterona, isto é, a que ten o feto no ventre materno.
Unha carga alta de andróxenos no ventre materno dá como resultado un dedo anular (4D) máis longo en relación ao dedo índice (2D) na man dos humanos adultos. Os nenos reciben unha maior exposición que as nenas, o que se traduce nun menor 'digit raio' entre os homes (cociente 2D:4D).
Os resultados do estudo levado a cabo na UGR mostran que existe unha asociación estatisticamente significativa entre o rendemento na materia de Matemáticas dos estudantes de primeiro da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a exposición á testosterona no ventre materno.
A investigación pon de manifesto que existe unha relación cuadrática entre as cualificacións obtidas na materia de Matemáticas e o 'digit ratio'. Así, as cualificacións baixas en Matemáticas asócianse tanto con elevados como con baixos 'digitratios'; mentres que as cualificacións máis altas de Matemáticasestán asociadas con valores intermedios do 'digit ratio'.
Non obstante, a relación entre 2D:4D e as cualificacións en Matemáticas é a mesma para ambos os dous sexos, o que quere dicir non existen diferenzas en función do xénero.
Como explica a autora principal desta investigación, AnxosSánchez-Domínguez, do departamento de Economía Aplicada daUGR, non encontramos asociación entre o 'digit ratio' e as cualificacións obtidas no resto de materias cursadas no primeiro ano de carreira, o que quere dicir que existe unha relación cuadrática entre as cualificacións de Matemáticas e o 'digit ratio', con independencia de que o alumno/a analizado pertenza ao grupo de estudantes con altas cualificacións medias ou non".
Nova sacada de Solociencia
Nova sacada de Solociencia
Ningún comentario:
Publicar un comentario