Un ano máis o Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas organiza o Torneo Abierto de Resolutores de Problemas, conocido como Open Matemático que, este ano, ten como lema Criptografía e Matemáticas
O torneo vai dirixido, primordialmente, aos alumnos de Enseñanza Secundaria: ESO, Módulos Profesionais de Grao Medio e Bacharelatos, pero está aberto a outros participantes como se recolle nas Bases.
A competición está organizada nun total de 6 xornadas, nas que se lles propondrá aos participantes a resolución dunha serie de problemas. Para as primeiras 5 xornadas establécese un prazo para que os participantes resolvan os problemas na súa casa e fíxase unha data límite para a súa entrega. A última xornada, a 6ª, será presencial.
Na conserxería de cada centro disporase dunha urna para a entrega dos problemas. Os estudantes que participen no programa ESTALMAT-Galicia, poderán entregar os problemas a través do correo electrónico dirixido ás coordinadoras Alicia e Covadonga. Na primeira xornada indicarase cal será este procedemento.
O calendario das xornadas é o seguinte:
Xornada | Datas 2017 | Fin prazo entrega |
1ª | 9 a 23 xaneiro | 14:30h do 23 xaneiro |
2ª | 23 a 30 xaneiro | 14:30h do 30 xaneiro |
3ª | 30 xaneiro a 6 febreiro | 14:30h do 6 febreiro |
4ª | 6 a 13 febreiro | 14:30h do 13 febreiro |
5ª | 13 a 20 febreiro | 14:30h do 20 febreiro |
6ª | 23 ou 24 febreiro | 16h-20h concentración |
Ningún comentario:
Publicar un comentario