Etiquetas
- Acrosport
- Arqueoloxía
- Asembleas
- Astronomía
- Biografías
- Boletíns
- Calendario Matemático
- Campamentos
- Celebracións
- Concursos
- Congresos
- Curiosidades
- Cursos
- Documentos
- Educación
- Fotos
- Guitiriz
- Historia
- Humor
- Informática
- Libros
- Música
- Novas
- Open Matemático
- Opinión
- Poesía
- Premios
- Prensa
- Problemas
- Recursos
- Revista Open
- Saídas Culturais
- Xogos
- Xuntanzas
venres, 2 de decembro de 2016
LIII Olimpiada Matemática Española
A Real Sociedad Matemática Española (RSME) ven de convocar, para o curso 2016/2017, a LIII Olimpiada Matemática Española (OME).
As Olimpíadas Matemáticas son concursos entre xóvenes estudantes, cuxo obxectivo primordial é o estímulo do estudo das matemáticas e o desenvolvemento de xóvenes talentos nesta ciencia. A competición en si componse de tres fases cun nivel de dificultade crecente, que son: fase de distrito, fase nacional e fase internacional.
A Olimpíada Matemática Galega (OMG) constitúe a fase de distrito galego da OME. As probas, organizadas pola Asociación Eduardo García-Rodeja Fernández, vanse celebrar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela entre os días 13 e 14 de enero de 2017. Destas probas serán seleccionados ata 3 estudantes para representar a Galicia na fase nacional.
Pode participar na olimpíada calquera estudante de Bacharelato que curse os seus estudios nun centro galego; excepcionalmete poderán participar estudantes da última etapa da ESO que acrediten especiais aptitudes así como integrantes do proxecto ESTALMAT-Galicia.
Imos informar aquí do momento en que os estudantes poidan inscribirse na OMG.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario