martes, 28 de novembro de 2017

Xornadas de Portas abertas

A Rede de Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (RCSI-USC) celebrará o vindeiro sábado 2 de decembro unha xornada de divulgación destinada ó público xeral para mostrarlle á sociedade o labor de excelencia científica que realizan os tres centros da rede (CiQUS, CiMUS e CiTIUS), amosando a calidade dos seus resultados de investigación ó longo dun percorrido que permitirá comprobar de primeira man o valor engadido que estes centros están a achegar á mellora da calidade de vida, non só na nosa contorna máis próxima, senón tamén a nivel global. Entre as actividades que poderán atopar os visitantes ao longo do día figuran demostracións con drons, robots, lentes 3D, obradoiros de experimentos en química e biomedicina, circuítos de xeración de enerxía, teatros científicos ou charlas divulgativas (entre outras), así como mostras de tecnoloxías desenvolvidas no marco de traballo dos centros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario