venres, 24 de novembro de 2017

V Concurso de postais de Nadal na USC

A Fundación USC Deportiva convoca por quinto ano consecutivo o seu concurso de postais de Nadal, dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2005 e 2014 (ambos incluídos) e cuxa temática debe unir o Nadal e o deporte. O prazo para entregar os traballos rematará o 11 de decembro.

O premio consistirá nun vale para cambiar por material deportivo e unha praza no Verán CampUSC 2018, campamento urbano, deportivo e de lecer que se leva celebrando dende hai nove veráns nas instalacións deportivas do Campus Vida da USC. O debuxo gañador tamén formará parte da felicitación de Nadal que enviará este ano a Fundación convocante.

O xurado estará composto por un membro do padroado da Fundación USC Deportiva, unha persoa experta en arte, e representantes da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social e da Fundación USC Deportiva.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_11/noticia_0144.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario