Etiquetas
- Acrosport
- Arqueoloxía
- Asembleas
- Astronomía
- Biografías
- Boletíns
- Calendario Matemático
- Campamentos
- Celebracións
- Concursos
- Congresos
- Curiosidades
- Cursos
- Documentos
- Educación
- Fotos
- Guitiriz
- Historia
- Humor
- Informática
- Libros
- Música
- Novas
- Open Matemático
- Opinión
- Poesía
- Premios
- Prensa
- Problemas
- Recursos
- Revista Open
- Saídas Culturais
- Xogos
- Xuntanzas
mércores, 4 de decembro de 2019
mércores, 20 de novembro de 2019
Pais de alumnos do programa ESTALMAT reclaman o respaldo económico do Goberno
O pasado luns 18 de novembro A ministra de Educación e FP en funcións, Isabel Celaá, recibiu na sede do Ministerio aos estudantes premiados ou recoñecidos nas fases nacionais, internacionais e iberoamericanas das Olimpíadas Científicas de 2019.
Ese mesmo día (os socios de AGAES foron informados atraves do correo con anterioridade) un grupo de nenos e país de ESTALMAT en representación das asociacións de Estalmat- Illas Baleares e de Castela A Mancha, ASFAMES ( Comunitat Valenciana), ACFAEC (Cataluña), AMPROES( Andalucia) e AGAES (Galicia), entregaron 2 cartas no Ministerio, unha dos alumnos pedindo que as olimpíadas se teñan en conta para as probas ABAU, e os pais reclaman melloras económicas.
Os socios de AGAES damos as grazas a Juan Luís
Costa de ASFAMES, pois foi quen se encargo de todo o relacionado coa noticia
Cartas alumnos e paisdomingo, 27 de outubro de 2019
Fotos entrega premios OPEN 2019
Desde AGAES queremos comunicar que este curso 2019/20 seguiremos participando economicamente co OPEN matemático. Damos as grazas a Cristina e Covodanga polo seu traballo o cal realizan de forma altruísta e a Trini polo seu apoio. GRAZAS
venres, 25 de outubro de 2019
Entrega de premios OPEN MATEMÁTICO 2019
Correo de Covadonga e Cristina.
Estimados OPENianos .
Escribímosvos para recordarvos que este sábado 26 de outubro entregaranse na facultade os premios do concurso OPEN matemático 2019. Estamos encantadas cos resultados obtidos este ano e moi orgullosas de que dúas das participantes que obtiveron a puntuación máxima vaian estar entre nós. É un reto non fallar en ninguna xornada e todos os participantes fixestes un gran papel.
Parabéns a tod@s.
Tamén queríamos comentarvos que estamos a facer o posible para participar este curso no OPEN 2020. Animadevós!!!!
Pronto teredes noticias nosas.
Un saúdo.
A relación de participantes que teñen distinción é a seguinte:
domingo, 20 de outubro de 2019
Santiago de Compostela acolle a final da I Olimpíada Científica Xuvenil Española
- A conselleira de Educación participou no acto de entrega dos premios
- Un total de 27 alumnas e alumnos de toda España, 3 deles galegos, disputaron estes días as últimas probas do certame
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe no Pazo de Fonseca na entrega dos premios da I Olimpíada Científica Xuvenil Española, cuxa final se celebra en Santiago de Compostela desde o pasado día 16. Un total de 27 alumnas e alumnos de toda España, 3 deles galegos (concretamente do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago), disputaron estes días as últimas probas do certame
xoves, 17 de outubro de 2019
A USC, sede da I Olimpíada Científica Xuvenil Española
Os equipos gañadores da fase autonómica danse cita dende este mércores 16 en Santiago de Compostela na fase estatal do certame
A USC acolle dende este mércores 16 de outubro e ata o vindeiro sábado 19, a fase estatal da I Olimpíada Científica Xuvenil Española, certame destinado a fomentar e definir vocacións científicas. Esta é a terceira vez, en máis de medio século de historia das olimpíadas científicas en España, en que a capital galega acolle a final estatal dun destes eventos, tratándose da edición inaugural desta Olimpíada Científica Xuvenil.
xoves, 3 de outubro de 2019
Nova Olimpíada Científica Xuvenil
Existen diferentes olimpíadas en Galicia e España dedicadas a diferentes disciplinas, pero ata o de agora non había una para todas as ciencias á vez. Este ano será a primeira vez que se celebre, organizada por Fernando Castro , da primeira promoción do ESTALMAT GALICIA . O pasado venres, día 27, celebrouse na facultade de matemáticas da USC a fase autonómica, e do 16 ao 19 de outubro será a fase nacional, en varias facultades e centros científicos composteláns.
Alumnos do IES Rosalía triunfaron na fase autonómica da I Olimpíada Científica Xuvenil
venres, 27 de setembro de 2019
O proxecto Estalmat-Galicia recibe á súa XIII promoción
O acto inaugural terá lugar este sábado 28 de setembro, ás 10.30 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas
Promocion13
![]() |
Estalmat-Galicia ten examinado a case 4000 estudantes na súa historia. Imaxe de arquivo |
O acto de apertura do curso estará presidido polo Vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, acompañado pola decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón, e polo presidente do proxecto Estalmat-Galicia e ex reitor da USC, Juan Viaño Rey. Xunto a eles, tomarán parte os representantes dos patrocinadores principais do proxecto, Juan Carlos Varela Vázquez, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado; e Pilar García Porto, deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo. Completará a mesa a profesora Mercedes Rodriguez Bruzos do IES Rosalía de Castro, en representación dos docentes que mobilizan e avalan aos estudantes que participan nas probas de selección.
http://xornal.usc.galPromocion13
sábado, 14 de setembro de 2019
Carmen Pomar loa o traballo de ESTALMAT-Galicia a prol do desenvolvemento do talento matemático entre o alumnado
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional recibiu hoxe unha das insignias de honra que outorga este organismo en recoñecemento do labor de institucións e profesorado a prol do estímulo matemático
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, recibiu hoxe a insignia de honra de ESTALMAT-Galicia, o proxecto para a detección e estímulo do talento precoz en Matemáticas, impulsado pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
(AGAPEMA), da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela
e da Facultad de Ciencias de la Educación da Universidade da Coruña. Ademais de agradecer esta distinción -que no apartado institucional tamén recibiu a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo- Carmen Pomar subliñou que o programa de Estímulo do Talento Matemático de estudantes galegos, dirixido a rapazas e rapaces de entre 12 e 16 anos, “coincide co esforzo que a Consellería vén realizando na última década a prol do impulso das vocacións STEM entre o alumnado”.
www.xunta.gal
xoves, 12 de setembro de 2019
II Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE C3)
O IGFAE lanza a primeira das súas actividades organizadas no marco da Semana da Ciencia que terá lugar en novembro: a segunda edición do Concurso de Comunicación Científica (C3). O obxectivo deste concurso é promover a cultura científica da cidadanía e, en particular, fomentar o interese pola Física, estimulando a aprendizaxe dos seus fundamentos.
A participación no concurso está aberta a calquera persoa, con especial énfase no persoal investigador dos organismos públicos de investigación; en estudantes de doutoramento, máster e grao; en alumando de ESO e Bacharelato, profesorado que traballa no ámbito da docencia da Física e nos profesionais da divulgación científica e xornalistas.
martes, 30 de xullo de 2019
España alcanza a súa mellor posición na Olimpiada Matemática desde 1991
![]() |
Seguimos sen estar na élite na Olimpiada de Matemáticas pero os esforzos dan resultados. O equipo español volveu de Bath con cinco bronces, o que lle sitúa na 42 posición, unha mellora considerable respecto ao ano pasado, cando o noso país alcanzou a 54. E iso supón alcanzar a mellor posición na competición desde o ano 1991. Oxalá sigamos progresando así, como se merece un equipo alentado polo esforzo de todos os apaixonados desta competición e, en moitos casos, pola dedicación dos profesores de Estalmat, o programa de detección do talento matemático.
luns, 15 de xullo de 2019
O Observatorio Astronómico da USC iniciará a vindeira semana o proxecto de divulgación ‘O camiño das estrelas. As estrelas do camiño’
O proxecto comezará o martes cunha sesión de observación da eclipse parcial de Lúa dende o Pico Sacro
As actividades deste programa de divulgación estenderanse ata finais de outubro, e de momento xa están inscritos os concellos de Allariz, Barbadás, Boqueixón, O Grove, Lalín, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Noia, Ordes, Padrón, Portomarín, Rianxo, Ribadeo, Sanxenxo, e Vedra, algún deles con varias sesións. Ao logo do verán e outono, o profesor Docobo estima que se producirán novas incorporacións.
xoves, 11 de xullo de 2019
Así será a primeira aparición da Torre de Hércules nun videoxogo
![]() |
La Torre de Hércules, en The Waylanders |
A empresa coruñesa Gato Studio presenta estes días en Mundos Dixitais Waylanders, un xogo sobre a Galicia antiga
Nesta aventura de rol encarnaremos a un grupo de guerreiros que terá que protexer o Camiño de Santiago en ambas as épocas. Teremos que explorar a Galicia antiga, que recibirá o nome de Brigantium. Para este videoxogo recreáronse, ademais da propia Torre, lugares como a Catedral de Santiago, as illas Ons ou Fisterra.
O museo de matemáticas abre as súas portas rendendo tributo a mulleres científicas aragonesas
![]() |
O museo dedicado ás matemáticas é a primeira infraestrutura deste tipo en Aragón e a segunda en España. No resto de Europa hai tan só cinco homólogos: o Museo de Matemáticas de Cataluña (Cornellá) e os situados en Quaregnon (Bélxica), Beaumont-de- Lomagne (Francia), Giessen (Alemaña) e Florencia (Italia), pero Casbas conta coa peculiaridade de estar situado nun recinto declarado en 2004 como Ben de Interese Cultural.
martes, 9 de xullo de 2019
xoves, 4 de xullo de 2019
Carmen Pomar subliña a “importancia estratéxica” de promocionar as vocacións científicas e STEM nas aulas desde idades temperás
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, inaugurou hoxe a 19 edición das Xornadas para a aprendizaxe e o ensino das matemáticas (JAEM), que congrega na Coruña uns 500 docentes de todas as etapas para debater sobre cuestións educativas relacionadas con este ámbito.
19º Edición das JAEM (Xornadas sobre a Aprendizaxe e o Ensino das Matemáticas
![]() |
palexco.com |
Durante séculos millóns de peregrinos viaxaron cara ao oeste seguindo un dos camiños culturais máis importantes do mundo: o camiño de Santiago. Nos últimos anos a tradición cambiou e os peregrinos continúan o seu camiño máis aló do seu destino inicial, cara ao Atlántico, co que se atopan no “fin da terra”, en Finisterre. As JAEM, emulando a senda dos peregrinos, continúan viaxando cara ao oeste, camiño do Atlántico: Mallorca – Cartaxena – Madrid – A Coruña.
martes, 11 de xuño de 2019
Récord de participación con 426 aspirantes na convocatoria de ESTALMAT-Galicia 2019
Un total de 426 estudantes de toda Galicia nados en 2006 e 2007 participan este sábado 8 nas probas de selección dos 25 estudantes da 13ª promoción do Proxecto ESTALMAT-Galicia para a detección e estímulo do talento en matemáticas. Con este número de persoas inscritas, o proxecto consolida a súa andaina dende 2007 e sobrepasa a media dos 5 últimos anos.
Os participantes, 175 rapazas e 251 rapaces, proceden na súa maioría das provincias da Coruña (276) e Pontevedra (113), seguidas das de Lugo (18) e Ourense (19), tanto do ensino público (245) como do privado (181), de 136 centros públicos e 54 centros privados ou concertados. Representan a 91 localidades galegas diferentes. Con esta edición son xa case 4.000 as e os estudantes que teñen pasado pola Facultade de Matemáticas nos últimos trece anos para facer a proba de selección.
Os participantes, 175 rapazas e 251 rapaces, proceden na súa maioría das provincias da Coruña (276) e Pontevedra (113), seguidas das de Lugo (18) e Ourense (19), tanto do ensino público (245) como do privado (181), de 136 centros públicos e 54 centros privados ou concertados. Representan a 91 localidades galegas diferentes. Con esta edición son xa case 4.000 as e os estudantes que teñen pasado pola Facultade de Matemáticas nos últimos trece anos para facer a proba de selección.
sábado, 8 de xuño de 2019
Nove graos universitarios aumentan as prazas para o vindeiro curso, no que tamén se impartirán por primeira vez catro títulos de nova creación
Un total de 9 graos universitarios aumentarán o número de prazas ofertadas para o vindeiro curso 2019/20 nas tres universidades galegas, que tamén impartirán por primeira vez 4 novos títulos de grao, tal e como acaba de aprobar en Madrid a Comisión Delegada da Conferencia General de Política Universitaria, o órgano estatal encargado de dar o visto e prace á oferta para a totalidade do Sistema Universitario Español, e no que están representados o Ministerio e as CCAA.
No caso de Galicia -á proposta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional- esta oferta supón aumentar por primeira vez a oferta de prazas naqueles graos que nos últimos anos non eran suficientes para cubrir a demanda existente, e que presentan alta taxa de graduación e empregabilidade.
Deste xeito, no vindeiro curso auméntanse as prazas no Grao en Enxeñería Informática no Campus de Ourense e no Campus de Santiago (+24), no Grao en Dereito no Campus Coruña e Campus Santiago (+15), no Grao en Matemáticas no Campus Santiago (+10), no Grao en Pedagoxía en Campus Santiago (+2), no Grao en Psicoloxía Campus Santiago (+10), no Grao en Educación Social no Campus Santiago (+2), e no Grao en Enxeñaría Mecánica no Campus de Ferrol (+4). Neste último introdúcese a formación dual polo que o campus de Ferrol será o único de toda Galicia en ofertar un grao dual (o Grao en Enxeñaría Mecánica).
martes, 14 de maio de 2019
sábado, 11 de maio de 2019
DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DE 2017
![]() |
Foto: Conchi Paz |
Carmen Pomar, conselleira de Educación:
Desde hai unha ducia de anos ESTALMAT-Galicia funciona con éxito e é un programa de referencia para o estímulo do talento. O traballo de todas as persoas que participan nel contribúe de forma decisiva a apoiar o alumnado con aptitudes matemáticas avanzadas, de tal xeito que redunde en maior proveito dos estudantes e da sociedade.
venres, 10 de maio de 2019
SESIÓN DE CLAUSURA DO CURSO 2018-19 E DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DE 2017
![]() |
Inauguración promoción de 2017 |
O sábado 11 de maio de 2019 terá lugar o Acto de Clausura do curso 2018/2019 e despedida da promoción de 2017 de Estalmat-Galicia.
Mais info
Convocatoria ESTALMAT-Galicia 2019
Toda a información relativa á convocatoria de Estalmat-Galicia para o curso 2019/20
Pinchar aqui
Pinchar aqui
domingo, 5 de maio de 2019
XUNTANZA DE FAMILAS
Damos as grazas ao presidente de ESTALMAT-GALICIA, Juan Manuel Viaño Rey e á Decana dá Facultade de Matemáticas e Responsable de Relación cos Egresados, Elena Vázquez Cendón por acompañarnos nesta comida.
Grazas os nosos nen@s, sen eles non seria posible esta comida. Os de primeiro despedíronse ata setembro. Os de segundo veranse de novo o sábado 11 de maio para facer adespedida da súa promoción
Mais fotos
domingo, 14 de abril de 2019
XUNTANZA FAMILIAS
O 4 de maio será o último día que van a coincidir os de 1º e 2º. Polo tanto pensamos que e un bo día pa celebrar unha xuntanza todas as familias, e que mellor que con unha comida, a cal sería no comedor universitario, Monte da Condesa ,o remate da sesión do ESTALMAT.
Tamen nos gustaría contar cos de 3º
A comida sera tipo buffet e os prezos son:
11 euros ADULTOS
7 euros MENORES DE 11 ANOS
amigosdoestalmat.galicia@gmail.com
martes, 26 de marzo de 2019
Un keniano é o novo mellor profesor do mundo
Tabichi é profesor de ciencias e foi recoñecido porque “a súa dedicación, o seu arduo traballo e a súa apaixonada crenza no talento dos seus estudantes levou a que a súa escola con escasos recursos nas zonas rurais remotas de Quenia saíse vitoriosa nas competencias nacionais de ciencia”, asegurou a fundación na súa páxina web
www.eltiempo.com
venres, 15 de marzo de 2019
O Consello da Cultura Galega presenta a táboa periódica en galego na xornada que celebra os 150 anos da súa publicación
O ano 2019 foi declarado Ano Internacional do Sistema Periódico polas Nacións Unidas para conmemorar os 150 anos da publicación, por Dimitri Mendeleev, da súa táboa periódica. Ao fío desta efeméride, a Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, en colaboración co grupo de investigación CienciaNosa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, considera oportuno facer unha profunda reflexión sobre tan importante e transcendente acontecemento. Pretende realizar unha chamada á sociedade e facer deste ano un ano frutífero para toda a ciencia galega.
mércores, 13 de marzo de 2019
María José Alonso, a científica máis influente de España
![]() |
María José Alonso, catedrática da USC. Foto: Paula Martínez Graña.
|
https://www.gciencia.com
xoves, 7 de marzo de 2019
XII Seminario ESTALMAT 2019
Os días 29, 30 e 31 de marzo de 2019 celebrarase na Universitat de lles Illes Balears o XII Seminario sobre actividades para Estimular o Talento precoz en Matemáticas e a XVI Reunión Nacional do proxecto ESTALMAT.http://estalmat.uib.ca
martes, 5 de marzo de 2019
Santiago acollerá o 1º congreso internacional de transferencia entre Matemáticas e industria
A primeira edición dá Conference on Transfer between Mathematics & Industry ( CTMI 2019) celebrarase ou vindeiro mes de xullo na Facultade de Matemáticas dá USC. Colaboran na súa organización ou Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial ( ITMATI) e a Rede Española para Matemáticas e Industria ( math- in), coa colaboración do European Service Network of Mathematics for Industry and Innovation ( EU- MATHS- IN).
www.gciencia.com
luns, 4 de marzo de 2019
"Sorprende que nunha carreira científica a mellor nota sexa dunha muller"
Antes de empezar Matemáticas estudou un ano Arquitectura, pero non lle gustou. Erika Diz (Fene, 1994) acaba de recibir o Premio Fin de Carreira (dos titulados en 2017). E ela é a nota máis alta de todos os galardoados: un 9,79 no Grao de Matemáticas pola Universidade de Santiago (e un 9,975 no máster que cursou despois). Por certo, dos 68 premiados nesta edición, case unhas 70% mulleres.
www.laopinioncoruna.es
luns, 25 de febreiro de 2019
OPEN MATEMÁTICO 2019. RESULTADOS FINAIS E VALORACIÓNS
Os socios de AGAES queremos dar as grazas ás dúas coordinadoras do OPEN MATEMÁTICO, Covadonga e Cristina xa que sen elas este non seria posible.
A continuación poñemos o correo que nos mandan.
Queridos participantes e familiares do OPEN, temos o inmenso placer de comunicar que o OPEN 2019 remata con resultados brillantes para AGAES-ESTALMAT- Galicia. Nesta edición tivemos unha participación moi alta, rondando os 30 participantes en casi todas as xornadas e 16 na xornada de concentración do venres pasado na Facultade de Matemáticas.
O balance da clasificación final, despois da concentración presencial da que vos enviamos os enunciados e solucións, amosa dous primeiros postos (Juliá M. e Nuria), dous segundos (Martín e Pedro), dous terceiros (Iago, e Tomás G.), catro cuartos clasificados, cinco quintos (¡curiososo!) e 1 sexto.
Ademáis, na clasificación de beleza entraron tres persoas: Daniel P., Héctor C. e Julia M. o que supón o 20% das belezas outorgadas en todo o concurso.
Estamos encantadas e moi orgullosas non so dos resultados senón tamén do ambiente creado arredor do concurso. En primeiro lugar queremos agradecer a todos o participantes a responsabilidade que amosaron en todo momento, cumprindo estrictamente os prazos establecidos e as bases do concurso. En segundo lugar queremos agradecer ás familias o esforzo realizado nas seis xornadas facendo que o concurso saíra adiante, especialmente aos que asististes á xornada presencial pois somos conscientes do que supón un desprazamento a Santiago toda a tarde dun venres, tendo en conta que esa viaxe debía repetirso ao día seguinte para asistir a sesión de ESTALMAT.
Tamén queremos agradecer a AGAES o apoio non so económico que se achega ao Colectivo Frontera, organizador do concurso, senón tamén o seu labor de divulgación da actividade a través do blog (sociosagaes.blogspot.com) e o apoio que sempre atopamos na Asociación Galega de Amigos de Estalmat Galicia.
Non queremos rematar sen mencionar o respaldo e a boa disposición e o apoio do Comité Organizador de Estalmat Galicia.
Continuaremos enviando correos coas follas matemáticas que nos cheguen e coa información dos actos de entrega de premios, tanto en Requena (Valencia) como en Santiago.
![]()
Unha aperta moi forte e non deixedes de resolver problemas.
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)