Este sábado 22 de novembro no XXVII congreso de ENCIGA celebrado en Moaña, presentouse a comunicación: EsTalMat: a nosa experiencia. que firmaban: Bárbara Rodríguez Presedo, José Alberto Castellanos, Mariña Fernández González, Oscar Pérez Vila, Marina López Seoane, alumnos de Bacharelato.Alumnos da 4ª promoción de EsTalMat Galicia. A sala estaba chea e había mota expectación por ver o que contaban. Foi unha estupenda intervención. Con moita seguridade e simpatía contaron como foi a súa entrada en Estalmat, como foi o día da proba á que asistiron por iniciativa dos seus pais (Marina e Alberto) e do seu profesor (Bárbara) sin pensar en ningún momento que resultarían elixidos e o que supuxo o seu paso por Estalmat: o descubrimento das matemáticas e dun modo distinto de traballalas.
Insistiron na diferencia entre as clases Estalmat e as ordinarias no centro que lles resultan as veces un pouco aburridas e con moita repetición de rutinas, falaron das amistades novas que din son "para toda a vida" e da ilusión por un futuro relacionado coas matemáticas ou a física.
Pero a mensaxe principal que levaban era que o profesorado animara aos seus alumnos a presentarse á proba para que tiveran a posibilidade de participar no proxecto.
Unha sensación moi gratificante para o profesorado de ESTALMAT, e así foi como nolo contou a nosa compañeira, e profesora do ESTALMAT, Covandonga R. M.
Ningún comentario:
Publicar un comentario