A pesar de que tivemos unha poalleira continua, este sábado 25 de xaneiro do 2014, pasamos unha bonita xornada do Estalmat Galicia en Guitiriz. Ó igual que os de segundo, fixemos máis ou menos o mesmo percorrido durante toda a mañá. Comezamos coa charla de presentación na Casa Habanera, logo fixemos a visita á igrexa máis grande do Concello (Sagrado Corazón de María) , ó reloxo analemático. Faltóunos ver a mezquita de Franco. Tomamos a parva coa torta ou bica de Guitiriz. Algúns quedamos a xantar no restaurante "La Casilla" e rematamos cun café no Balneario. Ver fotos
Ningún comentario:
Publicar un comentario