xoves, 4 de decembro de 2014

Astronomía en Educa Barrié

Na páxina dos Recursos Didácticos (Proxectos)  de Educa Barrié temos varias Guías Didácticas , unha delas é esta de "Astronomía de Posición", onde se pode descargar en PDF con información e actividades.  Existen moitas máis que se poden buscar por materias:
Outras relacionadas coa Astronomía son:
  -Terra Paralela         - Camiños do ceo        -Contos de Estrelas       - Buscando o Norte      - Astrónomos Esquecidos"         - Encima do horizonte    - Ramón María Aller   ...

domingo, 30 de novembro de 2014

A lúa que vimos no obsevatorio J.Mª Aller


Onte sábado 29 de novembro, na primeira, curta e emocionante observación  que puidemos facer porque había algunha nubes, visualizamos e fotografamos cos nosos móbiles a lúa que aquí vedes. Non é que sexan boas fotos pero era o que se vía polo telescopio.

venres, 28 de novembro de 2014

Anders Celsius

Un 27 de Novembro, (Suecia 1701) nacía o que sería un dos máis importantes astrónomos do Século das Luces.
A   Anders Celsius lembrámolo hoxe porrque foi o inventor da escala termométrica máis usada no mundo actualmente. Cada día falamos de Grados centígrados con toda a naturalidade do mundo, como si fora algo que está entre nós dende sempre.
Elixiu como puntos fixos o da fusión do xeo e o da ebulición da agua, tras advertir que as temperaturas ás que se verificaban tales cambios de estado eran constantes a presión atmosférica. Asignou ao primeiro o valor 0 e ao segundo o valor 100, co que fixou o valor do grao Celsius (°C) como a centésima parte do intervalo de temperatura comprendido entre estes dous puntos fixos

Como Pixar usa as matemáticas para que un se enamore das súas personaxes

O verdadeiro segredo desa maxia aparentemente intanxible da casa non está nas artes, senón nas ciencias. Sen a matemática pura e dura, moitas das historias non se terían contado como as coñecemos agora.  A explicación no vídeo está inglés (podes poñer subtítulos). Ler máis

domingo, 23 de novembro de 2014

Exposición "Tradición, cambio e innovación"

Este sábado 29 de novembro , ás  11:45 h, todos os que queiramos  de ESTALMAT (grupos de  12 persoas máximo) poderemos asistir no  Centro Social Abanca, na Praza de Cervantes   (Santiago de Compostela)  a unha  variada e interesante exposición de cadros que leva por título 'Tradición, cambio e innovación', unha mostra que reúne máis de cen obras dos seus fondos da colección de arte contemporáneo, entre as que se poden contemplar algunhas asinadas por Castelao, Picasso ou Dalí.
A visita ser guiada e é totalmente gratuita.

Ler máis

"EsTalMat: a nosa esperiencia" - XXVII Congreso de ENCIGA

Mostrando IMG_20141122_122544.jpg Este sábado 22 de novembro no XXVII congreso de ENCIGA  celebrado en Moaña,  presentouse a  comunicación:   EsTalMat: a nosa experiencia. que firmaban: Bárbara Rodríguez Presedo, José Alberto Castellanos, Mariña Fernández González, Oscar Pérez Vila, Marina López Seoane, alumnos de Bacharelato.Alumnos da 4ª promoción de EsTalMat Galicia. A sala estaba chea e había mota expectación por ver o que contaban.  Foi unha estupenda intervención.  Con moita seguridade e simpatía contaron como foi a súa entrada en Estalmat, como foi o día da proba á que asistiron por iniciativa dos seus pais (Marina e Alberto) e do seu profesor (Bárbara) sin pensar en ningún momento que resultarían elixidos e o que supuxo o seu paso por Estalmat: o descubrimento das matemáticas e dun modo distinto de traballalas
Mostrando IMG_20141122_113220.jpg Insistiron na diferencia entre as clases Estalmat e as ordinarias no centro que lles resultan as veces un pouco aburridas e con moita repetición de rutinas, falaron das amistades novas que din son "para toda a vida" e da ilusión por un futuro relacionado  coas matemáticas ou a física.
Pero a mensaxe principal que levaban era que o profesorado animara aos seus alumnos a presentarse á proba para que tiveran a posibilidade de participar no proxecto.
Unha sensación moi gratificante para o profesorado de ESTALMAT, e así foi como nolo contou a nosa compañeira, e profesora do ESTALMAT, Covandonga R. M.