Este sábado 29 de novembro , ás 11:45 h, todos os que queiramos de ESTALMAT (grupos de 12 persoas máximo) poderemos asistir no Centro Social Abanca, na Praza de Cervantes (Santiago de Compostela) a unha variada e interesante exposición de cadros que leva por título 'Tradición, cambio e innovación', unha mostra que reúne máis de cen obras dos seus fondos da colección de arte contemporáneo, entre as que se poden contemplar algunhas asinadas por Castelao, Picasso ou Dalí.
A visita ser guiada e é totalmente gratuita.
Ler máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario