O xoves 22 de febreiro celebrouse a última e presencial xornada do XXX Open
Matemático que, en Galicia, tivo lugar na Facultade de Matemáticas de
Santiago.
Parabén a todo os participantes de AGAES-ESTALMAT-Galicia que, como edicións pasadas, están obtendo moi bos resultados.
Etiquetas
- Acrosport
- Arqueoloxía
- Asembleas
- Astronomía
- Biografías
- Boletíns
- Calendario Matemático
- Campamentos
- Celebracións
- Concursos
- Congresos
- Curiosidades
- Cursos
- Documentos
- Educación
- Fotos
- Guitiriz
- Historia
- Humor
- Informática
- Libros
- Música
- Novas
- Open Matemático
- Opinión
- Poesía
- Premios
- Prensa
- Problemas
- Recursos
- Revista Open
- Saídas Culturais
- Xogos
- Xuntanzas
sábado, 24 de febreiro de 2018
sábado, 17 de febreiro de 2018
“Hai que convidar ás mozas a que pensen na ciencia como profesión”
Elena Vázquez Cendón: “Hai que convidar ás mozas a que pensen na ciencia como profesión”
http://www.gciencia.com/ciencia/elena-vazquez-mozas-ciencia/
martes, 6 de febreiro de 2018
Ramón Verea, o galego que inventou a máquina multiplicadora
Tal día como hoxe, o 6 de febreiro de 1899, morría pobre en Bos Aires o
gran inventor galego Ramón Verea, creador da primeira máquina
multiplicadora, que hoxe se conserva na sede da IBM en Nova York e no
Instituto Smithsonian de Washington. A súa xenial historia está na nosa
nova reportaxe da sección.
GCiencia?
http://www.gciencia.com/historias-gc/ramon-verea-galego-calculadora-multiplicadora/
GCiencia?
http://www.gciencia.com/historias-gc/ramon-verea-galego-calculadora-multiplicadora/
AS MATEMÁTICAS TEÑEN UNHA LINGUAXE PROPIA...
As matemáticas contan coa súa propia linguaxe, a linguaxe matemática.
Comprendela e saber utilizala é unha das competencias que debedes
adquirir nos estudos do grao en Matemáticas. Xunta esta habedes
conseguir outra: comunicar, tanto por escrito como de forma oral,
coñecementos, procedementos, resultados e ideas en matemáticas tanto a
un público especializado como non especializado.
Daquela, non só comprenderedes o que é senón que seredes quen de comunicárllelo a outras persoas. E para iso utilizaredes linguas naturais; calquera delas, a que mellor se adapte ao voso interlocutor; e que vós coñezades, naturalmente.
Moitos de vós -probablemente, a maioría- atoparedes en Galicia a vosa saída profesional. Outros sairedes ao exterior. Debedes contar coa mellor preparación posible. Aprendede linguas. Mais seguide aprendendo e cultivando tamén a lingua deste país, o galego, para poderdes trasladarlles a beleza das matemáticas aos galegos e galegas.

martes, 23 de xaneiro de 2018
XXX Open Matemático — seguimento
Nesta entrada do blog poderedes consulta-los enunciados dos problemas, as solucións e as clasificacións tras cada unha das seis xornadas de que consta o Open Matemático.
| Xornada | Data Límite | Problemas | Clasificación |
| 1ª | 22 de xaneiro | enunciados solucións | |
| 2ª | 29 de xaneiro | enunciados solucións | xornada xeral beleza |
| 3ª | 5 de febreiro | enunciados solucións | xornada xeral beleza |
| 4ª | 12 de febreiro | enunciados solucións | xornada xeral beleza |
| 5ª | 19 de febreiro | enunciados solucións | xornada xeral beleza |
| 6ª | 22 de febreiro | enunciados solucións | xornada xeral prov.v2 beleza |
Notas:
- A hora límite para a finalización de cada unha das xornadas son as 14:30 horas da data límite indicada na táboa.
luns, 22 de xaneiro de 2018
Visitas guiadas ao Patrimonio Histórico da USC
AGAES convida ás familias socias a realizar unha visita guiada
ao Patrimonio da USC o vindeiro sábado 3 de febreiro, de 12 á 13.30 h.
Quen confirme a asistencia, debe indicar un nome e cántos son por
familia (amigosdoestalmat.galicia@gmail.com).
Saíremos do Colexio Fonseca, na rúa do Franco. Rogamos
puntualidade.
O foro está limitado a 25 persoas.
sábado, 20 de xaneiro de 2018
OMG 2018
Santiago
Vázquez Sáez e Juan Carlos Rocamonde Quintela de Estalmat-Galicia, que acadaron o 1º e o 2º posto respectivamente da Olimpíada Matemática Galega, representarán, xunto con Alexander Vidal Zhukova, a Galicia na LIV OME que se celebrará en Jaén, do 15 ao 18 de marzo de 2018.
Cabe destacar tamén outros alumnos de Estalmat-Galicia, Antón Figueroa Martínez de 3º de ESO, Júlia Misaki Anguera Zemba e María Rodríguez Dominguez, ambas dúas de 4º ESO que obtiveron unha mención de honra, así como a alta participación nas probas. Noraboa a todos os premiados e participantes.
NOTA DE PRENSA
http://www.usc.es/olympia/news.htmNOTA DE PRENSA
xoves, 18 de xaneiro de 2018
A fase galega da Olimpíada Matemática celébrase este venres na USC
A Facultade de Matemáticas acolle este venres 19 a fase autonómica da LIV Olimpíada
Matemática Española, na que se seleccionarán os tres estudantes de bacharelato que formarán o
equipo olímpico que represente a Galicia na fase nacional, a celebrar do 15 ao 18 de marzo en Jaén.
A competición dará comezo ás 10.00 horas cun acto de recepción para continuar co desenvolvemento da primeira sesión de probas: tres horas e media para resolveren tres problemas. A segunda sesión será ás 16.00 horas, cun programa semellante.
A entrega de premios terá lugar ás 20:30 horas na Aula Magna da facultade, nun acto presidido polo reitor Juan Manuel Viaño Rey e que contará coa presencia da decana do centro, Elena Vázquez Cendón, da subdirectora xeral de Promoción da Igualdade, Pilar García-Rodeja Gayoso, e do director do Instituto de Matemáticas, Alberto Cabada Fernández.

martes, 9 de xaneiro de 2018
Xa deu comezo a XXX edición do Open Matemático, coa primeira tandada de problemas. Póñovos de seguido a mensaxe de Covadonga:
Este ano o concurso, xa na XXX edición, ten como lema GASTRONOMÍA E MATEMÁTICAS, e está organizado polo Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas.
As instruccións para
participar baixo as siglas de AGAES-ESTALMAT-Galicia son:
- Escanear os problemas que resolvades, cada un nunha páxina. Mellor en formato PDF. Tamén sirven fotografías pero deben ter a resolución adecuada para que podan lerse sen dificultade.
- Envialos por correo electrónico no prazo previsto, que na primeira xornada remata ás 14:30 horas do 22 de xaneiro, ás direccións das profesoras encargadas, Cristina e Covadonga
- Cando recibamos as respostas daremoslle a reenviar ao correo entrante, esa será a sinal de que chegou correctamente.
- No asunto do correo
poñede: Nome, apelido, curso que
estades estudando e a xornada Open 2018, por exemplo: Isabel Martínez- 3º ESO- 1ª Xornada Open
- Cada xornada enviaremos ao correo dende o que nos cheguen os problemas, as solucións e os problemas da sesión
seguinte. O blog de AGAES http://sociosagaes.blogspot.
com.es/ fará o seguemento deste concurso e poderán consultarse alí as clasificacións. - NON É UNHA ACTIVIDADE OBRIGATORIA. Tampouco é necesario resolver todos os problemas de cada xornada nin participar en todas as xornadas.
É importante ler detidamente as bases e as
instruccións.
As solucións
dos problemas deben aparecer moi xustificadas. Non serve poñer únicamente como
solución un valor ou unha frase (Por exemplo: "non é posible").
A puntuación
dun problema ou son 2 puntos ou 0
puntos.
martes, 2 de xaneiro de 2018
José Rodríguez: o matemático galego que definiu o metro
Un dos pais do Sistema Métrico Decimal é un galego de Lalín. O
matemático Rodríguez afinou as medicións dos meridianos de París e de
Greenwich. E tivo en Europa un gran prestixio, do que non gozou no seu
país.
O metro, como unidade de medida, debe moito a un home nado nunha aldea de Lalín. Tiña un nome do máis común: José Rodríguez González. E, como acontece en tantas ocasións, foi máis apreciado fóra que dentro do seu propio país. Porque o ‘Matemático Rodríguez’ foi unha autoridade científica dacabalo entre os séculos XVIII e XIX, impulsor da cristalografía, protagonista de achados astronómicos e, sobre todo, un dos pais do Sistema Métrico Decimal. Este galego xenial foi tamén mestre doutro personaxe capital na historia de Galicia, o seu primeiro cartógrafo científico: Domingo Fontán.
http://www.gciencia.com/historias-gc/jose-rodriguez-matematico-galego-metro/

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)