No acto interviñeron a decana da Facultade, M. Elena Vázquez Cendón, quen afirmou que “os
resultados son moi positivos tanto en grao como en mestrado e doutoramento”, e Alberto Díez de
Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, para quen “a calidade mídese na
satisfacción dos egresados, nos contidos que aprenden nas clases, na ilusión e na capacidade de
acceder ao mercado laboral ben preparados”.
Pola súa banda, Alberto Cabada Fernández, director do Instituto de Matemáticas da USC,
destacou durante a presentación “a capacidade dos nosos estudantes de crear unha linguaxe
común entre diferentes disciplinas, o que permite conseguir unha alta inserción laboral”.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_05/noticia_0045.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/05/10/mitad-graduados-matematicas-trabajan-resto-estudian-preparan-oposiciones/0003_201805S10C6993.htm
Etiquetas
- Acrosport
- Arqueoloxía
- Asembleas
- Astronomía
- Biografías
- Boletíns
- Calendario Matemático
- Campamentos
- Celebracións
- Concursos
- Congresos
- Curiosidades
- Cursos
- Documentos
- Educación
- Fotos
- Guitiriz
- Historia
- Humor
- Informática
- Libros
- Música
- Novas
- Open Matemático
- Opinión
- Poesía
- Premios
- Prensa
- Problemas
- Recursos
- Revista Open
- Saídas Culturais
- Xogos
- Xuntanzas
xoves, 10 de maio de 2018
sábado, 5 de maio de 2018
XXIII Día da ciencia na rúa
O sábado 5 de maio, de 11:00 a 19:00, celebramos o XXIII Día da Ciencia na Rúa
No Parque de Santa Margarita da Coruña. Neste libro podes consultar todas as actividades da xornada
https://www.coruna.gal/cultura/gl/axenda/historico/detalle-asset/xxiii-dia-da-ciencia-na-rua/suceso/1453652379322?argIdioma=gl
https://www.coruna.gal/cultura/gl/axenda/historico/detalle-asset/xxiii-dia-da-ciencia-na-rua/suceso/1453652379322?argIdioma=gl
venres, 4 de maio de 2018
Entrega de diplomas á décima promoción de ESTALMAT-Galicia
O acto terá lugar este sábado 5 na Facultade de Matemáticas.
A décima promoción do Proxecto ESTALMAT-Galicia para ESTímulo do TALento MATemático celebra este sábado 5 de maio o seu acto de despedida nunha sesión que terá lugar na Aula Magna da da Facultade de Matemáticas a partir das 12:30 horas presidida polo reitor da USC e presidente de ESTALMAT-Galicia,Juan M. Viaño Rey.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_05/noticia_0013.html
http://www.estalmatgalicia.com/images/cursos/curso1718/Guion_clausura_ESTALMAT__2018.pdf
venres, 20 de abril de 2018
Sei ata a táboa do 6!
A MANDALA
CHEGOU a primaveira ás Matemáticas, temos unha boa Sementeira! Onde están os novos brotes? Na implicación de docentes como Elena Vázquez Abal, que convida á Facultade de Matemáticas a estudantes de Ensino Medio ou que se despraza a Lugo enchendo o Vello Cárcere, falando das Matemáticas como o sexto sentido.Chegou a primaveira ao libro de honra da Facultade de Matemáticas que contén unha nova achega. É a primeira dun exalumno, que veu de visita grazas ao convite do Seminario de Análise Matemática, o ourensán Óscar Domínguez Bonilla, un dos xóvenes investigadores recoñecidos co Premio Vicent Caselles outorgado pola Real Sociedad Matemática Española (RSME) e a Fundación BBVA no ano 2017.
Chegou tamén a primaveira ao celebrarse a Feira Matemática brillantemente organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) en colaboración co Concello da Coruña e da Universidade da Coruña. Si vostedes asistiron e viron a cantidade de nenas e nenos, coas súas familias, contando e compartindo Matemáticas, coincidirán que hai brotes novos nesta disciplina que nos conforma a moitas persoas. Participar nos retos e acadar as solucións recoñecíase en "agapemos", o billete da asociación Agapema, que está revalorizado coa imaxen do benquerido Coque, sempre presente.
http://www.elcorreogallego.es/opinion/firmas/ecg/elena-vazquez-cendon-sei-ata-taboa-do-6/idEdicion-2018-04-20/idNoticia-1111088/
Nace Sementeira, o Club Olímpico de Mates da USC
A Facultade compostelá de Matemáticas e mais a Asociación Eduardo García-Rodeja acordaron poñer en marcha o Club Olímpico de Mates – USC, que nace co nome de Sementeira como expresión da súa vontade de propagar o gusto pola resolución de problemas.
https://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_04/noticia_0100.html
luns, 2 de abril de 2018
SER CIENTÍFICO
CIENCIA y yo quiero ser científico!!!
Un libro de divulgación que te animará e axudará a decidir que caste de científico queres ser.
Ademais de científicos doutras materias, nesta publicación colabora profesorado da Faculdade de Matemáticas da USC, como Elena Vázquez Cendón, Fernando Alcalde Cuesta o Enrique Macías Virgós entre outros...
http://cienciayyoquierosercientifico.blogspot.com.es/
luns, 26 de marzo de 2018
Grupo de formación Specialisterne en Galicia
Specialisterne ofrece a posibilidade de facer un grupo en Galicia, haberá que contar con un mínimo de 10 alumnos.
domingo, 18 de marzo de 2018
VI Campus de Verán XuvenCiencia 2018
Volve o Campus XuvenCiencia, o campamento científico da USC no Campus Terra de Lugo!
Cando e onde ten lugar? Do 1 ao 7 de xullo no Campus Terra de Lugo.
Quen pode participar? O alumnado de 4º ESO e 1º BAC (ata 2º BAC para os veteranos).
Temos un programa especial para o alumnado que quere repetir (veteranos).Preinscrición: O formulario de preinscrición ábrese desde o venres 27 de abril ás 15:30h.
http://www.usc.es/xuvenciencia/campus/gl
xoves, 15 de marzo de 2018
Explícoche matemáticas 2.0
Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, que xa vai pola súa sétima edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
Pode participar o alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento, así como alumnado de 3º e 4º da ESO e de bacharelato
dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes
en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou
profesora.
luns, 12 de marzo de 2018
"Encontro con ASAC: non son raro, 23 anos de talento en Galicia".

O día 10 de marzo celebramos o
primeiro encontro coa Asociación de Altas Capacidades de Galicia
(ASAC) na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, que
respondía a unha crecente demanda por parte de socios e socias da
Asociación Galega de Amigos de ESTALMAT-Galicia (AGAES), co título:
"Encontro
con ASAC: non son raro, 23 anos de talento en Galicia".
A presidenta e a vicepresidenta de
ASAC proxectáronnos un interesante e reivindicativo video da súa
asociación, dando lugar de inmediato a algunhas intervencións por
parte dos asistentes ao acto, nais e pais do alumnado de
ESTALMAT-Galicia e socios/as de AGAES, así como da decana da
Facultade e da coordinadora coas Familias de ESTALMAT-Galicia
presentes no acto.
As distintas intervencións puxeron de
manifesto as diferenzas entre os dous proxectos: por unha banda a
Unidade de Estudo e Investigación en Superdotación da USC e por
outra ESTALMAT-Galicia (estímulo do talento matemático).
A Unidade de Estudo e Investigación
en Superdotación da USC colabora coa Asociación de Altas
Capacidades, cuxo obxectivo é fornecer un lugar de encontro das
familias de nenos con alta capacidade intelectual, mentres
ESTALMAT-Galicia colabora con AGAES cos obxectivos de detectar e
tratar o talento matemático precoz.
Conscientes destas diferenzas, deixamos
a porta aberta a futuras colaboracións entre as distintas
asociacións para chegarmos a unha formación complementaria para
familias e alumnado.
Agradecementos:
Á decana da Facultade de Matemáticas
pola súa presenza e disponibilidade do Centro.
Ás nosas convidadas: presidenta e
vicepresidenta de ASAC.
Á Coordinadora coas familias de
ESTALMAT-Galicia.
Saúdos
A directiva de AGAES
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










