A decana da Facultade de Matemáticas da USC lembra a figura do xeógrafo,
que cita sempre nas súas clases e charlas de divulgación.
https://www.gciencia.com/domingo-fontan/elena-vazquez-carta-xeometrica/
Etiquetas
- Acrosport
- Arqueoloxía
- Asembleas
- Astronomía
- Biografías
- Boletíns
- Calendario Matemático
- Campamentos
- Celebracións
- Concursos
- Congresos
- Curiosidades
- Cursos
- Documentos
- Educación
- Fotos
- Guitiriz
- Historia
- Humor
- Informática
- Libros
- Música
- Novas
- Open Matemático
- Opinión
- Poesía
- Premios
- Prensa
- Problemas
- Recursos
- Revista Open
- Saídas Culturais
- Xogos
- Xuntanzas
martes, 25 de setembro de 2018
martes, 26 de xuño de 2018
E4G2018 Encontro con Egresados e entrega de Diplomas e premios OPEN MATEMÁTICO 2018
PROGRAMA:
21 de Xullo ás 9.45 h. Benvida e plans da xornada
1º Grupo: O alumnado inscrito quedará na Facultade de Matemáticas.
. Cómpre que vos inscribades o antes posible no seguinte formulario:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfCaS-AZrDzRoYSDoH5UbXPus0L1wT-qa_bjFfD_Tdvme1bNw/viewform
• Para xestionar de xeito óptimo as actividades e a comida, por favor anotádevos o máis rápido posible, antes do venres 13 de xullo. Se vos xurde despois algún imprevisto, ou queredes cambiar algo, volvede entrar no enlace. Se facedes algunha modificación despois da data indicada, enviade un correo a: estalmatgalicia@gmail.com

E4G2018 Encontro con EGRESADOS e entrega de diploma e premios OPEN 2018
2º Grupo: NAIS E PAIS E ACHEGADOS
10,15 h.
Saída e visita guiada por Compostela. Principais marcas de propiedade
das vivendas do casco histórico compostelán (marcas de Fonseca, de San
Martiño Pinario, da catedral, do concello, etc). Estas marcas de
propiedade esténdense por toda a cidade e as compostelás son as únicas
que se conservan dos burgos medievais
15,00h. Xantar (as familias interesadas en participar nun xantar conxunto, deberán confirmar no correo amigosdoestalmat.galicia@gmail.com)
19:30 h. Acto de clausura. Entrega de diplomas das batallas e de premios do Open Matemático.
Colabora
xoves, 21 de xuño de 2018
I Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades
O I Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades terá
lugar en Santiago de Compostela os días 14, 15 e 16 de Septembro de
2018.
https://www.congreso-internacional-noroeste-aacc.org/
https://www.congreso-internacional-noroeste-aacc.org/
luns, 4 de xuño de 2018
Obradoiro de aventura e fotografía na serra do Courel
Froito da colaboración entre ASAC-Galicia e AGAES, propoñemos este obradoiro de aventura e fotografía dirixido e impartido por Fuco Reyes, licenciado en Psicoloxía e Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela. Como profesional da fotografía, vén sendo un dos referentes actuais máis salientables.
Para máis información e data límite de inscrición: 12 de xuño no seguinte enderezo:
Para máis información e data límite de inscrición: 12 de xuño no seguinte enderezo:
362 aspirantes para conformar a 12ª promoción do proxecto ESTALMAT-Galicia 2018
Un total de 362 estudantes de toda Galicia nacidos en 2005 e 2006 participaron este sábado 2 de xuño na
USC nas probas de selección dos 25 estudantes que formarán parte da 12ª promoción do
Proxecto ESTALMAT-Galicia para a detección e estímulo
do talento en matemáticas.
Os participantes foron 148 rapazas e 214 rapaces, o que supón un incremento da participación das mozas dun 6,8% respecto do pasado curso. Proceden de 72 localidades galegas diferentes, na súa maioría das provincias da Coruña (220) e Pontevedra (119), seguidas das de Lugo (9) e Ourense (14), tanto do ensino público (256) como do privado (106). Con este número de inscritos ESTALMAT-Galicia consolida a súa andaina dende 2007 e sobrepasa a media dos cinco últimos anos. Son así xa máis de 3.500 as e os estudantes que con 12 ou 13 anos teñen pasado pola Facultade nos últimos doce anos para facer a proba de selección. Con esta promoción sumarán un total de 300 mozas e mozos seleccionados para participar no programa de talentos matemáticos.

xoves, 10 de maio de 2018
A Facultade e o Instituto de Matemáticas da USC presentaron o estudo sobre o grao de satisfacción e inserción laboral do alumnado graduado do centro
No acto interviñeron a decana da Facultade, M. Elena Vázquez Cendón, quen afirmou que “os
resultados son moi positivos tanto en grao como en mestrado e doutoramento”, e Alberto Díez de
Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, para quen “a calidade mídese na
satisfacción dos egresados, nos contidos que aprenden nas clases, na ilusión e na capacidade de
acceder ao mercado laboral ben preparados”.
Pola súa banda, Alberto Cabada Fernández, director do Instituto de Matemáticas da USC, destacou durante a presentación “a capacidade dos nosos estudantes de crear unha linguaxe común entre diferentes disciplinas, o que permite conseguir unha alta inserción laboral”.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_05/noticia_0045.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/05/10/mitad-graduados-matematicas-trabajan-resto-estudian-preparan-oposiciones/0003_201805S10C6993.htm

sábado, 5 de maio de 2018
XXIII Día da ciencia na rúa
O sábado 5 de maio, de 11:00 a 19:00, celebramos o XXIII Día da Ciencia na Rúa
No Parque de Santa Margarita da Coruña. Neste libro podes consultar todas as actividades da xornada
https://www.coruna.gal/cultura/gl/axenda/historico/detalle-asset/xxiii-dia-da-ciencia-na-rua/suceso/1453652379322?argIdioma=gl
https://www.coruna.gal/cultura/gl/axenda/historico/detalle-asset/xxiii-dia-da-ciencia-na-rua/suceso/1453652379322?argIdioma=gl
venres, 4 de maio de 2018
Entrega de diplomas á décima promoción de ESTALMAT-Galicia
O acto terá lugar este sábado 5 na Facultade de Matemáticas.
A décima promoción do Proxecto ESTALMAT-Galicia para ESTímulo do TALento MATemático celebra este sábado 5 de maio o seu acto de despedida nunha sesión que terá lugar na Aula Magna da da Facultade de Matemáticas a partir das 12:30 horas presidida polo reitor da USC e presidente de ESTALMAT-Galicia,Juan M. Viaño Rey.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_05/noticia_0013.html
http://www.estalmatgalicia.com/images/cursos/curso1718/Guion_clausura_ESTALMAT__2018.pdf
venres, 20 de abril de 2018
Sei ata a táboa do 6!
A MANDALA
CHEGOU a primaveira ás Matemáticas, temos unha boa Sementeira! Onde están os novos brotes? Na implicación de docentes como Elena Vázquez Abal, que convida á Facultade de Matemáticas a estudantes de Ensino Medio ou que se despraza a Lugo enchendo o Vello Cárcere, falando das Matemáticas como o sexto sentido.Chegou a primaveira ao libro de honra da Facultade de Matemáticas que contén unha nova achega. É a primeira dun exalumno, que veu de visita grazas ao convite do Seminario de Análise Matemática, o ourensán Óscar Domínguez Bonilla, un dos xóvenes investigadores recoñecidos co Premio Vicent Caselles outorgado pola Real Sociedad Matemática Española (RSME) e a Fundación BBVA no ano 2017.
Chegou tamén a primaveira ao celebrarse a Feira Matemática brillantemente organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) en colaboración co Concello da Coruña e da Universidade da Coruña. Si vostedes asistiron e viron a cantidade de nenas e nenos, coas súas familias, contando e compartindo Matemáticas, coincidirán que hai brotes novos nesta disciplina que nos conforma a moitas persoas. Participar nos retos e acadar as solucións recoñecíase en "agapemos", o billete da asociación Agapema, que está revalorizado coa imaxen do benquerido Coque, sempre presente.
http://www.elcorreogallego.es/opinion/firmas/ecg/elena-vazquez-cendon-sei-ata-taboa-do-6/idEdicion-2018-04-20/idNoticia-1111088/
Nace Sementeira, o Club Olímpico de Mates da USC
A Facultade compostelá de Matemáticas e mais a Asociación Eduardo García-Rodeja acordaron poñer en marcha o Club Olímpico de Mates – USC, que nace co nome de Sementeira como expresión da súa vontade de propagar o gusto pola resolución de problemas.
https://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_04/noticia_0100.html
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)