xoves, 18 de febreiro de 2016

Obradoiro de Papiroflexia - "Origami" A súa relación coas matemáticas

Este sábado 20 de febreiro  haberá unha xuntanza coas familias , onde se fará un OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA dirixido polas expertas profesoras de ESTALMAT-GALICIA, Teresa Otero Suárez e Alicia Pedreira Mengotti.

Curiosidades sobre a Papiroflexia:

"Todos algunha vez, con máis ou menos habilidade, transformamos un anaco de papel nun pequeno xoguete baseado en dobras e pregamentos. Esto é o "Origami"  ou papiroflexia, se usamos o termo en galego ou castelán, é unha arte de orixe xaponesa que xurdiu entre as clases superiores, que poderían ter recursos para ter papel suficiente para convertelo nun  centro de entretemento. Coa expansión do papel tamén  se estendeu o costume de origami.
Pero ademais de entretemento e arte, o origami esconde unha boa cantidade de regras matemáticas. Á fin e ao cabo, se desfacemos unha figura, o que obteremos é un patrón de formas xeométricas sobre unha superficie plana. O físico Robert Lang, que deixou a súa carreira investigadora para dedicarse a tempo completo a deseñar e estudar modelos de origami, teorizou  hai uns anos cales eran as normas matemáticas que se poden aplicar a calquera figura feita de papel, construída segundo a súa rama máis tradicional: a partir dun pedazo cadrado de papel e sen utilizar cortes nin pegamento.
Lang reduciu as súas observacións a catro regras:
- Se desdobras unha peza de origami, obtés un papel cadrado cun patrón de dobleces sobre el. Ese patrón sempre será coloreable en dúas cores: podes colorear as figuras xeométricas que aparecen utilizando dúas cores sen que coincidan dúas contiguas do mesma cor.
- Se sumas os pliegues en montaña ao redor dun eixo, e lle restas  os pliegues en val ao redor dese mesmo eixo, o resultado sempre será dous ou menos dous.
- Se numeras os ángulos ao redor dun eixo de forma alterna (1-2-1-2-1-2), e sumas todos os 1 e todos os 2, obtés dúas sumas de 180 graos. 
- Unha folla nunca pode penetrar un pliegue."

Ler máis:  As matemáticas escondidas na arte do origami. Noticias de Tecnoloxía  http://goo.gl/7kRSFo



Ningún comentario:

Publicar un comentario