Amosando publicacións coa etiqueta Olimpiada Matemática Galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Olimpiada Matemática Galega. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de xaneiro de 2017

La Voz de Galicia - Coruña


Un chaval de 17 años enamorado de las matemáticas

Santiago Vázquez, alumno de los Maristas, será el único representante coruñés en la final nacional de la Olimpiada Matemática, que se celebrará el 23 de marzo en Alcalá de Henares.
[Leer noticia]

martes, 17 de xaneiro de 2017

Olimpíada Matemática Galega 2º de ESO


A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) pon en marcha un ano máis a Olimpíada Matemática Galega para estudantes de 2º da ESO.

As principais datas a ter en conta á hora de participar son as seguintes:
  • Inscrición do alumnado: 23 de marzo
  • Fase de zona: 27 de abril
  • Fase final galega en Lugo: 18 de maio
Toda a información detallada, formularios de inscrición e mesmo probas de anos anteriores, pódense atopar aquí.

sábado, 14 de xaneiro de 2017

LIII Olimpíada Matemática Galega


Onte, venres 13 de xaneiro, tivo lugar a fase de distrito da LIII edición da Olimpíada Matemática Española. En Galicia presentáronse un total de 105 estudantes. Esta proba, aínda que foi deseñada para alumnos de bacharelato, admite a participación de estudantes de cursos inferiores cando estes demostran unha habilidade especial para as matemáticas. Así, 5 estudantes eran de 3º da ESO, 11 de 4º da ESO, mentras que de bacharelato foron 35 de 1º e 54 de 2º. De entre todos, 19 eran de ESTALMAT-Galicia.

A competición organízase en dúas sesións de tres horas e media de duración, en cada unha das cales os estudantes teñen que resolver tres problemas. Podedes descargar aquí os enunciados dos problemas.

Enlaces:

sábado, 10 de decembro de 2016

venres, 2 de decembro de 2016

LIII Olimpiada Matemática Española


A Real Sociedad Matemática Española (RSME) ven de convocar, para o curso 2016/2017, a LIII Olimpiada Matemática Española (OME).

As Olimpíadas Matemáticas son concursos entre xóvenes estudantes, cuxo obxectivo primordial é o estímulo do estudo das matemáticas e o desenvolvemento de xóvenes talentos nesta ciencia. A competición en si componse de tres fases cun nivel de dificultade crecente, que son: fase de distrito, fase nacional e fase internacional.

A Olimpíada Matemática Galega (OMG) constitúe a fase de distrito galego da OME. As probas, organizadas pola Asociación Eduardo García-Rodeja Fernández, vanse celebrar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela entre os días 13 e 14 de enero de 2017. Destas probas serán seleccionados ata 3 estudantes para representar a Galicia na fase nacional.

Pode participar na olimpíada calquera estudante de Bacharelato que curse os seus estudios nun centro galego; excepcionalmete poderán participar estudantes da última etapa da ESO que acrediten especiais aptitudes así como integrantes do proxecto ESTALMAT-Galicia.

Imos informar aquí do momento en que os estudantes poidan inscribirse na OMG.

luns, 1 de febreiro de 2016

LII Olimpiada Matemática Española - Gañadores da Fase Galega

Temos dous estalmateiros galegos clasificado para a Fase Nacional deste ano 2015. 
Os nosos parabéns ós tres clasificados, en especial a Santiago Vázquez Sáez e a Boris Carballa Corredoira.

PRIMEIRO PREMIO
Alejandro Doval Casas (2º BAC do IES Otero Pedrayo, Ourense)


SEGUNDO PREMIO
Boris Carballa Corredoria (2º BAC do IES Alezandre Bóveda, Vigo) ( Non sei de que promoción é)

TERCEIRO PREMIO
Santiago Vázquez Sáez (4º ESO do CPR Maristas Cristo Rey, A Coruña) (Estalmateiro 7º Promoción)
Os tres premiados representarán a Galicia na Fase Nacional da LII OME que se celebrará en Barcelona, do 31 de marzo ó 3 de abril de 2016

venres, 4 de decembro de 2015

Comeza a Olimpiada Matemática Galega 2016

 Xa podes inscribirte na Olimpiada Matemática Galega

Venres 15 de xaneiro de 2016

Primeira sesión: ás 10:00 horas
Segunda sesión: ás 16:00 horas
Facultade de Matemáticas, en Santiago de Compostela.

Artigo relacionado