Etiquetas
- Acrosport
- Arqueoloxía
- Asembleas
- Astronomía
- Biografías
- Boletíns
- Calendario Matemático
- Campamentos
- Celebracións
- Concursos
- Congresos
- Curiosidades
- Cursos
- Documentos
- Educación
- Fotos
- Guitiriz
- Historia
- Humor
- Informática
- Libros
- Música
- Novas
- Open Matemático
- Opinión
- Poesía
- Premios
- Prensa
- Problemas
- Recursos
- Revista Open
- Saídas Culturais
- Xogos
- Xuntanzas
xoves, 22 de decembro de 2016
VII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) en colaboración coa Fundación Barrié, convoca o VII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, FP BÁSICA, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
martes, 20 de decembro de 2016
XXIX Open Matemático
Un ano máis o Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas organiza o Torneo Abierto de Resolutores de Problemas, conocido como Open Matemático que, este ano, ten como lema Criptografía e Matemáticas
O torneo vai dirixido, primordialmente, aos alumnos de Enseñanza Secundaria: ESO, Módulos Profesionais de Grao Medio e Bacharelatos, pero está aberto a outros participantes como se recolle nas Bases.
A competición está organizada nun total de 6 xornadas, nas que se lles propondrá aos participantes a resolución dunha serie de problemas. Para as primeiras 5 xornadas establécese un prazo para que os participantes resolvan os problemas na súa casa e fíxase unha data límite para a súa entrega. A última xornada, a 6ª, será presencial.
Na conserxería de cada centro disporase dunha urna para a entrega dos problemas. Os estudantes que participen no programa ESTALMAT-Galicia, poderán entregar os problemas a través do correo electrónico dirixido ás coordinadoras Alicia e Covadonga. Na primeira xornada indicarase cal será este procedemento.
O calendario das xornadas é o seguinte:
Xornada | Datas 2017 | Fin prazo entrega |
1ª | 9 a 23 xaneiro | 14:30h do 23 xaneiro |
2ª | 23 a 30 xaneiro | 14:30h do 30 xaneiro |
3ª | 30 xaneiro a 6 febreiro | 14:30h do 6 febreiro |
4ª | 6 a 13 febreiro | 14:30h do 13 febreiro |
5ª | 13 a 20 febreiro | 14:30h do 20 febreiro |
6ª | 23 ou 24 febreiro | 16h-20h concentración |
xoves, 15 de decembro de 2016
I Xornada Científica UDCiencia-Sénior
Centro de Intervención Cultural NORMAL
A Unidade de Divulgación Científica e Cultural - Cátedra Isabel Zendal organiza o próximo 22 de decembro a I Xornada Científica UDC-Sénior no Centro de Intervención Cultural NORMAL, desde as 11.30 h até as 19.30 h.
Durante a Xornada realizaranse talleres científicos de diversas temáticas e terá lugar unha exposición de paneis e fotografía científicos.
UDCiencia na Domus (A Coruña)
Feira Científica
O 17 de decembro de 2016 terá lugar a Feira científica UDCiencia na Domus (Rúa Ángel Rebollo, 91, 15002 A Coruña), organizada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC - Cátedra Isabel Zendal, e financiada polo Concello da Coruña.
A Feira consistirá nunha serie de talleres interactivos sobre diferentes temáticas, adaptables a todas as idades.
O evento estará aberto mañá e tarde de 11:00 h a 19:30 h.
sábado, 10 de decembro de 2016
Olimpíada Matemática Galega 2017
A Olimpíada Matemática Galega (OMG) 2017 terá lugar o venres, 13 de xaneiro de 2017 na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela. Podes facer a inscrición online.
venres, 2 de decembro de 2016
LIII Olimpiada Matemática Española
A Real Sociedad Matemática Española (RSME) ven de convocar, para o curso 2016/2017, a LIII Olimpiada Matemática Española (OME).
As Olimpíadas Matemáticas son concursos entre xóvenes estudantes, cuxo obxectivo primordial é o estímulo do estudo das matemáticas e o desenvolvemento de xóvenes talentos nesta ciencia. A competición en si componse de tres fases cun nivel de dificultade crecente, que son: fase de distrito, fase nacional e fase internacional.
A Olimpíada Matemática Galega (OMG) constitúe a fase de distrito galego da OME. As probas, organizadas pola Asociación Eduardo García-Rodeja Fernández, vanse celebrar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela entre os días 13 e 14 de enero de 2017. Destas probas serán seleccionados ata 3 estudantes para representar a Galicia na fase nacional.
Pode participar na olimpíada calquera estudante de Bacharelato que curse os seus estudios nun centro galego; excepcionalmete poderán participar estudantes da última etapa da ESO que acrediten especiais aptitudes así como integrantes do proxecto ESTALMAT-Galicia.
Imos informar aquí do momento en que os estudantes poidan inscribirse na OMG.
martes, 29 de novembro de 2016
IV Concurso de Postais de Nadal
A Fundación USC Deportiva ven de convocar o IV Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva para nenos e nenas nacidos entre os anos 2004 e 2013 (ambos incluidos). A temática da postal debe unir o Nadal e o deporte e valorarase a calidade dos traballos tendo en conta a idade dos nenos e nenas, a imaxinación, a orixinalidade e a súa relación coa temática indicada. O premio consitirá nunha praza no Verán CampUSC 2017 e nun vale para canxear por material deportivo. Así mesmo, a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de Nadal que elaborará para este ano a Fundación USC Deportiva.
O prazo para entregar os traballos orixinais remata o 9 de decembro.
Para máis información, visita a web da Fundación USC Deportiva
mércores, 9 de novembro de 2016
AdmirAcción
Elena Vázquez Cendón
SI, hoxe a palabra é nova. A fonte de inspiración é a asociación galega de DivulgaAcción, da que formo parte. O sábado 29 compartimos na xornada anual coñocementos, experimentos e estrelas, saboreando pílulas que conteñen o efecto secundario de querer saber e compartir máis. Practicamos DivulgAcción.[Leer mais]
luns, 7 de novembro de 2016
Semana de la Ciencia ETSI Minas - Vigo 2016
Del 21 al 25 de Noviembre del 2016 (Año Internacional del Entendimiento Global) se montará una visita guiada gratuita por las nuevas dependencias de la ETSI de Minas en la cual se dispondrán pequeños espacios de aprendizaje/divulgación lúdicos e informales en una clonación-replicación de lo que es el modelo convencional de un museo interactivo o museo científico pero en este caso en un contexto de aprendizaje formal y atendido por alumnos/as-guías de la propia ETSI de Minas.
Semana da Ciencia CSIC 2016
O CSIC súmase tamén às actividades divulgativas dentro da semana da ciencia. No Instituto de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia, en Santiago de Compostela, terán lugar actividades dentro do programa Biodiversión.
Semana da Ciencia Vigo e Forcarei 2016
Nos seguintes enlaces podedes atopar información relacionada coas actividades divulgativas que a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3) está a desenvolver con motivo da semana da ciencia no Observatorio Astronómico de Forcarei (OAF) e en Vigo.
Semana da Ciencia Coruña 2016
Os Museos Científicos Coruñeses celebran do luns 7 ao domingo 13 de novembro, sete días de portas abertas con motivo dá Semana Internacional da Ciencia. Durante esa semana a entrada será gratuíta na Casa dás Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, ofrecendo á cidadanía a ocasión de visitar as súas exposicións e participar nas numerosas experiencias interactivas que propoñen estes centros de ciencia coruñeses.
O acto central da semana será o sábado 12 de novembro, no que se celebrarán os actos de entrega dos Prismas á Divulgación, e que se iniciarán o venres 11 cunha mesa redonda na que se falará sobre a comunicación da actualidade astronómica, con motivo do Prisma Especial do Xurado, que este ano foi para a revista Astronomía.
TODOCOSMOS
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) organiza o programa de divulgación astronómica TODOCOSMOS que acaba de dar comezo.
Este programa ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursiños, obradoiros, observacións astronómicas, presentacións, etc.
domingo, 6 de novembro de 2016
Matemáticas para todos
Páxina web onde se poden descargar libros de Matemáticas en PDF. Por suposto non son libros de texto, pero si son moi interesantes para quen lle guste a temática e queira sacar moitos problemas e curiosidades.
sábado, 5 de novembro de 2016
Comeza o obradoiro de robótica
Comezamos o obradoiro de Robótica e Internet das cousas para rapaces e rapazas de 12 a 17
anos, organizados pola Asociación de Amigos de ESTALMAT Galicia. A
proposta consiste en que os participantes no Proxecto para o Estímulo do
Talento Matemático, que se desprazan a Santiago de Compostela para
asistir a actividades de formación na Facultade de Matemáticas da USC,
os sábados pola mañá, poidan asistir, ademais, a este obradoiro
de dúas sesións cada grupo, durante algunhas das tardes.
xoves, 27 de outubro de 2016
Obradoiro Robótica e Internet das Cousas
Temos xa a lista de rapaces e rapazas anotados ao obradoiro. Fixéronse dous grupos: un cos alumnos de primeiro e outro cos de segundo e terceiro.
Para o desenvolvemento do taller, os alumnos deberán levar un portátil, no que deberán ter permisos de administrador para a instalación dalgún programa.
O curso terá lugar nas instalacións da empresa Tesla Technologies & Software, S.L. Rúa Pilar Miró nº6, Santiago de Compostela (de lado do centro comercial As Cancelas).
Grupo 1: sábados 5 e 12 de novembro, de 16:00 a 19:30h
- Ares García, Brais
- Ares García, Irene
- Dell Blanco, Fátima
- Figueroa Martínez, Antón
- Magdalena Sánchez, Valentín
- Rodríguez Rodríguez, Brais
- Souto Pazó, Daniel
- Valle González, José
- Villanueva Torres, Mario
Grupo 2: sábados 19 e 26 de novembro, de 16:00 a 19:30h
- Barcia González, Roque
- Carro Viqueira, Álvaro
- Freire Suárez, Eva
- Freire Suárez, Rui
- Hidalgo Gerpe, Óscar
- López Abad, Víctor
- Sixto Poulsen, Víctor Sloth
- Suárez Novoa, Aldara
- Vázquez Rego, Artur
Para o desenvolvemento do taller, os alumnos deberán levar un portátil, no que deberán ter permisos de administrador para a instalación dalgún programa.
O curso terá lugar nas instalacións da empresa Tesla Technologies & Software, S.L. Rúa Pilar Miró nº6, Santiago de Compostela (de lado do centro comercial As Cancelas).
sábado, 22 de outubro de 2016
Sesión coas familias ESTALMAT-Galicia
Hoxe puidemos disfrutar na Facultade de Matemáticas en Santiago da presenza de tres estudantes da primeira promoción de ESTALMAT-Galicia: Iago Velasco López, Alicia Seijas Vázquez e Luis Antonio López Valcárcel.
Desde AGAES, queremos darlles as grazas pola súa visita e polo tempo que compartiron, xunto con Covadonga, cos pais e nais que asistimos á xornada coas familias.
Alicia, Iago e Luis |
Desde AGAES, queremos darlles as grazas pola súa visita e polo tempo que compartiron, xunto con Covadonga, cos pais e nais que asistimos á xornada coas familias.
Iago, Alicia, Luis e Covadonga |
Foto de Grupo |
xoves, 20 de outubro de 2016
Obradoiro Robótica e Internet das Cousas
O próximo 5 de novembro dará comezo o Obradoiro de Robótica e Internet das Cousas.
O custo será de 45€ por alumno, que inclúe a inscripción como socio e o dereito á asistencia ao curso.
Para elo tedes que facer, primeiramente, unha preinscripción. cuxo prazo remata o sábado 22 de outubro. Para iso, podedes devolver asinada a folla de inscripción que se adxunta, mediante correo electrónico ou en man o mesmo sábado 22 na xornada de pais.
Do 24 ao 27 de outubro terá que facerse o pagamento mediante ingreso na conta que figura na folla de inscripción.
O custo será de 45€ por alumno, que inclúe a inscripción como socio e o dereito á asistencia ao curso.
Para elo tedes que facer, primeiramente, unha preinscripción. cuxo prazo remata o sábado 22 de outubro. Para iso, podedes devolver asinada a folla de inscripción que se adxunta, mediante correo electrónico ou en man o mesmo sábado 22 na xornada de pais.
Do 24 ao 27 de outubro terá que facerse o pagamento mediante ingreso na conta que figura na folla de inscripción.
martes, 18 de outubro de 2016
Programa ConCiencia 2016: Cédric Villani
A Universidade de Santiago ven de publicar o vídeo da conferencia do Profesor Cédric Villani que tivo lugar o 3 de outubro dentro do Programa Conciencia 2016.
domingo, 16 de outubro de 2016
Primeira sesión coas familias ESTALMAT-Galicia
O sábado día 22 de outubro terá lugar a primeira sesión coas familias prevista no calendario de actividades de ESTALMAT-Galicia para o curso 2016/17.
Dará comezo ás 10:35 horas, no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas, unha vez que o alumnado de Estalmat entre nas aulas.
Nesta ocasión, tendo en conta que ESTALMAT-Galicia está a cumprir 10 anos, temos preparado unha sesión na que nos visitarán tres estudantes da primeira promoción de Estalmat Galicia que nos contarán a súa experiencia antes, durante e despois do seu paso por Estalmat-Galicia:
Iago Velasco López
de Vigo, estudante de Ciencias Políticas e da Administración
Alicia Seijas Vázquez
de Lugo, estudante do Grao en Matemáticas
Luis Antonio López Valcárcel
de Santiago, estudante de Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
Esta actividade ten carácter voluntario e poden asistir nais/pais e outros familiares acompañantes do alumnado ESTALMAT-Galicia.
sábado, 8 de outubro de 2016
Comeza o curso 2016-17 coa X Promoción de Estalmateiros Galegos
Este sábado 8 de outubro , inaguráronse as clases de Estalmat Galicia deste curso 2016-17. Xa van alá 10 anos. Comeza a X Promoción. Parabéns para esta nova nova fornada, e por suposto tamén ós promotores e creadores deste proxecto recoñecedor e estimulador de talentos matemáticos.
Algúns dos socios máis veteranos , case todos membros da directiva de AGAES, xuntámonos na Asemblea Anual para, entre outras cousas, animar os novos estalmateiros a participar na Asociación. Ó rematar, algúns xuntámonos para compartir un xantar "Estalmateiro".
Aquí deixamos unhas fotos da entrega de diplomas do Open Matemático do curso pasado e da xuntanza .
mércores, 28 de setembro de 2016
xoves, 22 de setembro de 2016
Conferencia "De triángulos, gases, precios y hombres"
LUNES 3 de OCTUBRE 19:30 horas
Lugar: Auditorio Novagalicia Banco, Rúa Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela
Resumo: Esta é a historia de tres problemas matemáticos, procedentes respectivamente da xeometría, a física estatística e a economía, que se unen dunha forma inesperada e produtiva. É tamén a oportunidade para evocar grandes teorías e persoas, e a maneira na cal vai o progreso matemático.
mércores, 14 de setembro de 2016
xoves, 23 de xuño de 2016
luns, 13 de xuño de 2016
mércores, 4 de maio de 2016
luns, 2 de maio de 2016
sábado, 30 de abril de 2016
Acto de clausura da 8º Promoción
Clica na imaxe para ver o Acto de Clausura da 8º Promoción.
Co motivo da Clausura da promoción 2014-2016, algunhas familias, a titulo particular quedará a comer no comedor de Monte dá Condesa, e aínda que para o ano o máis probable é que todos repitan, comer o último día xuntos sería unha boa forma de despedirse este curso.
domingo, 24 de abril de 2016
xoves, 21 de abril de 2016
XVI Rebumbio Matemático e X Feira Matemática na Coruña
No Rebumbio Matemático participarán 312 escolares de toda Galicia, dos que 93 corresponden a centros que competirán na cidade da Coruña. Este ano producese un importante aumento no número de participantes, superando a cifra das anteriores edicións e conseguindo o récord de participación de todas as edicións. Ler máis
mércores, 20 de abril de 2016
A Elegancia no mundo 4.0
Ler todo no Correo Galego
domingo, 17 de abril de 2016
martes, 8 de marzo de 2016
Concurso Explícoche Matemáticas

Organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración coa Fundación Barrié e o SNL, o obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.
Para concursar no Proxecto Explícoche Matemáticas 2.0, cada participante ou grupo participante debe preparar un vídeo de 2 minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas e onde a lingua empregada sexa o galego.
martes, 1 de marzo de 2016
Campus Científicos de Verán
A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional e o apoio de Obra Social "A Caixa", poñen en marcha a 7ª edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV), dirixido a 1.920 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
Co firme obxectivo de potenciar o interese de estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación, convócanse 1.920 prazas para participar en proxectos científicos diseñados por profesores universitarios e desenvolvidos en departamentos de investigación de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional, entre os días 3 e 30 de xullo de 2016. O programa completarase con actividades de lecer científico-cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia) e deportivas.
O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día 24 de febreiro ata as 15:00h do día 16 de marzo de 2016. Na seguinte páxina web http://www.campuscientificos.es poderase atopar máis información con todos os detalles do programa.
Rogámoslle axúdenos a difundir esta iniciativa entre todos aqueles estudantes que puidesen estar interesados en presentar a súa solicitude.
En caso de dúbida, contactar con informacion@campuscientificos.es
Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología
Edificio Museo Nacional de Ciencia y Tecnología
C/ Pintor Velázquez, 5 - 28100 Alcobendas (Madrid)
Tfno: 91 425 18 18 (Atención telefónica de lunes a viernes de 9.00 a 13.30 horas)
Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología
Edificio Museo Nacional de Ciencia y Tecnología
C/ Pintor Velázquez, 5 - 28100 Alcobendas (Madrid)
Tfno: 91 425 18 18 (Atención telefónica de lunes a viernes de 9.00 a 13.30 horas)
domingo, 28 de febreiro de 2016
Clasificación Final do XXVIII Open Matemático
Clica na imaxe para ver a clasificación.
"Temos que sentirnos moi orgullossos de todos os participantes e especialmente dos que acadaron postos destacados entre os 1723 participantes:
Olaia Maceiras, SEGUNDA e ademáis a alumna máis nova entre os primeiros clasificados
Alba Blanco, SEGUNDA
Boris Carballa, TERCEIRO
Ángel Mourelle e Marcos Blanco, CUARTOS
Antón Figueroa, Antón Iglesias, Adrián, Núñez e Daniel Ramón Regueiro, QUINTOS,
José Antonio Miguélez e José Pazos, SEXTOS
Tamén felicitamos a Brais Hidalgo e a Ángel Mourelle por aparecer na clasificación de beleza
A todos os nomeados e tamén aos demáis,participantes, ¡PARABÉNS! "
Alicia e Covadonga
mércores, 24 de febreiro de 2016
Fotos da sesións de pais e nais de Papiroflexia
Clica na imaxe para ver as fotos
Artigo relacionado:
Obradoiro de Papiroflexia - "Origami" A súa relación coas matemáticas"
Artigo relacionado:
Obradoiro de Papiroflexia - "Origami" A súa relación coas matemáticas"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)