martes, 17 de xaneiro de 2017

Olimpíada Matemática Galega 2º de ESO


A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) pon en marcha un ano máis a Olimpíada Matemática Galega para estudantes de 2º da ESO.

As principais datas a ter en conta á hora de participar son as seguintes:
  • Inscrición do alumnado: 23 de marzo
  • Fase de zona: 27 de abril
  • Fase final galega en Lugo: 18 de maio
Toda a información detallada, formularios de inscrición e mesmo probas de anos anteriores, pódense atopar aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario