sábado, 14 de xaneiro de 2017

LIII Olimpíada Matemática Galega


Onte, venres 13 de xaneiro, tivo lugar a fase de distrito da LIII edición da Olimpíada Matemática Española. En Galicia presentáronse un total de 105 estudantes. Esta proba, aínda que foi deseñada para alumnos de bacharelato, admite a participación de estudantes de cursos inferiores cando estes demostran unha habilidade especial para as matemáticas. Así, 5 estudantes eran de 3º da ESO, 11 de 4º da ESO, mentras que de bacharelato foron 35 de 1º e 54 de 2º. De entre todos, 19 eran de ESTALMAT-Galicia.

A competición organízase en dúas sesións de tres horas e media de duración, en cada unha das cales os estudantes teñen que resolver tres problemas. Podedes descargar aquí os enunciados dos problemas.

Enlaces:

Ningún comentario:

Publicar un comentario