Etiquetas
- Acrosport
- Arqueoloxía
- Asembleas
- Astronomía
- Biografías
- Boletíns
- Calendario Matemático
- Campamentos
- Celebracións
- Concursos
- Congresos
- Curiosidades
- Cursos
- Documentos
- Educación
- Fotos
- Guitiriz
- Historia
- Humor
- Informática
- Libros
- Música
- Novas
- Open Matemático
- Opinión
- Poesía
- Premios
- Prensa
- Problemas
- Recursos
- Revista Open
- Saídas Culturais
- Xogos
- Xuntanzas
luns, 6 de marzo de 2017
Campus Científicos de Verano
El Ministerio de Educación, Cultura y Deporte y la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, FECYT, con la colaboración de Obra Social “la Caixa”, han abierto la convocatoria de la octava edición de los Campus Científicos de Verano. Se trata de una estancia de verano para jóvenes de Secundaria y Bachillerato en el que tienen la oportunidad de sumarse a un proyecto de investigación junto a científicos en universidades de toda España. El plazo para la presentación de solicitudes está abierto desde el día 7 de marzo hasta las 15 horas del 24 de marzo de 2017.
El Programa Campus Científicos ofrece este año 1.920 plazas para estudiantes de 4º de Educación Secundaria Obligatoria y 1º de Bachillerato. Los alumnos se incorporarán desde el 2 al 29 de julio de 2017 en cuatro turnos de 7 días de duración cada uno a proyectos de acercamiento científico en Universidades pertenecientes a 16 Campus de Excelencia Internacional o Regional. FECYT ha realizado además un vídeo promocional con experiencias de participantes del curso pasado.
[Más información]
Explícoche Matemáticas 2.0
Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso dirixido ao alumnado das universidades públicas do estado español, procedentes de titulacións de grao ou máster e a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato e ciclos de Formación Profesional dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes.
Organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC, o obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.
[máis información]
domingo, 5 de marzo de 2017
Preparación OME
Como parte da súa preparación para a Olimpíada Matemática Española, que se celebrará en Alcalá de Henares do 23 ao 25 de marzo, os tres clasificados na Fase Galega, Santi, Diego e Alfonso, asisten cada mañá de sábado á Facultade de Matemáticas, onde aprenden novas técnicas e estratexias para a resolución de problemas. Todo isto é posible grazas á implicación e compromiso inestimables de Felipe Gago, Daniel Cao e David Mosquera.
Con eles tamén estivo María Rodríguez Domínguez, de 2º de ESTALMAT-Galicia, que é unha das Menciones de Honra de este ano na OMG.
Na fotografía aparecen, de esquerda a dereita: Daniel, David, María, Alfonso, Santi e Felipe. Lamentablemente, Diego non puido estar na foto
sábado, 4 de marzo de 2017
XXIX Open Matemático - Resultados
O xoves 23 de febreiro celebrouse a última xornada do XXIX Open Matemático que, en Galicia, tivo lugar na Facultade de Matemáticas de Santiago.
Parabén aos estudantes de AGAES-ESTALMAT-Galicia e, en especial, a aqueles que terminaron o concurso en posicións moi destacadas e que son:
| 2º ESO | |
| 4º ESO | |
| 4º ESO | |
| 2º Bach |
| 2º ESO | |
| 2º ESO | |
| 3º ESO |
| 2º ESO |
| 3º ESO |
Parabéns tamén aos Premiados á Beleza:
| Curso | Puntos | ||
|---|---|---|---|
| 1º Bach | 2 | ||
| 3º ESO | 1 | ||
| 4º ESO | 1 |
Podedes descargar aquí a Clasificación Xeral Final.
xoves, 2 de marzo de 2017
Xornada coas Familias ESTALMAT-Galicia
O próximo sábado día 4 de marzo celebrarase a segunda xornada coas familias prevista no calendario de actividades de ESTALMAT-Galicia para este curso 2016-17.
A sesión consistirá nun Paseo Matemático por Santiago de Compostela dirixido polo profesor de ESTALMAT-Galicia, Julio Rodríguez Taboada.
O lugar de encontro será no Museo do Pobo Galego, no convento de San Domingos de Bonaval, ás 11:00 horas e o paseo rematará arredor das 13 horas na entrada da Alameda.
Haberá que prestar moita atención ás previsións do tempo pois en caso de anunciarse choiva para ese día, suspenderíase o paseo e a sesión tería lugar na Facultade de Matemáticas, ás 10:45 horas e consistiría na visión da película "Cobardes" de José Corbacho e Juan Cruz, que trata o tema o do acoso escolar, á que seguiría un debate.
A suspensión do paseo matemático por posibilidade de choiva faríase o xoves pola noite a través do correo electrónico e anunciaríase o venres día 3 na páxina web de ESTALMAT-Galicia.
A esta actividade poden asistir pais, nais e outros familiares acompañantes do alumnado Estalmat.
luns, 27 de febreiro de 2017
El País - Exposición de Escher en Madrid
Breve guía matemática para entender la obra de Escher
El artista gráfico fue admirado por matemáticos y científicos antes de obtener el reconocimiento de los críticos de arte.La nueva exposición de Maurits Cornelis Escher en Madrid, en el Palacio de Gaviria, viene precedida por un éxito internacional (más de 700.000 visitantes en sus emplazamientos previos) que muestra la popularidad del artista holandés. En realidad Escher fue primero admirado por matemáticos y científicos antes de obtener el reconocimiento de los críticos de arte. Es más, muchos matemáticos han usado su obra para representar conceptos, comenzando por su coetáneo el geómetra inglés Donald Coxeter, para ilustrar la noción de simetría.
[Leer más]
martes, 21 de febreiro de 2017
XXIX Open Matemático - Seguimento
Nesta entrada do blog poderedes consultar os enunciados dos problemas, as solucións e as clasificacións tras cada unha das seis xornadas de que consta o Open Matemático.
| Xornada | Data Límite | Problemas | Clasificación |
| 1ª | 23 de xaneiro | enunciados solucións | |
| 2ª | 30 de xaneiro | enunciados solucións | |
| 3ª | 6 de febreiro | enunciados solucións | |
| 4ª | 13 de febreiro | enunciados solucións | |
| 5ª | 20 de febreiro | enunciados solucións | |
| 6ª | 23 de febreiro | enunciados solucións |
Notas:
- A hora límite para a finalización de cada unha das xornadas son as 14:30 horas da data límite indicada na tabla.
- A xornada de 6ª e última será o xoves, 23 de febreiro, a partires das 16:30 na Facultade de Matemáticas en Santiago de Compostela.
domingo, 19 de febreiro de 2017
8ª Promoción ESTALMAT-Galicia
Onte celebráronse na Facultade de Matemáticas en Santiago os actos de despedida da 8ª promoción de ESTALMAT-Galicia unha vez finalizado o programa ESTALMAT Pi.
Nada que ver estas caras da fotografía coas que publicábamos fai uns días! Parabéns!
Podedes atopar referencias aquí:
Xornal da Universidade de Santiago
El Correo Gallego (edición dixital)
El Correo Gallego (edición impresa)
GCiencia
XI Feira Matemática
Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas. A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) celébrao na zona da Coruña dun xeito especial, cunha Feira Matemática.
A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.
Este ano a XI Feira Matemática celebrarase o 22 de abril, sábado, no Hall de Proa de Palexco, na Coruña, dende as 11 ata as 19 horas.
XVII Rebumbio Matemático
A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, convoca por 17ª vez esta actividade coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza - aprendizaxe das matemáticas en particular.
Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estrutura e o seu desenvolvemento. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes.
Poden participar todos os estudantes dos centros educativos de Galicia matriculados en 6º de Educación Primaria no curso 2016/17, formando equipos de tres, traballando na resolución dos problemas de xeito cooperativo.
[Máis información]
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









