domingo, 19 de febreiro de 2017

XI Feira Matemática


Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas. A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) celébrao na zona da Coruña dun xeito especial, cunha Feira Matemática.

A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

Este ano a XI Feira Matemática celebrarase o 22 de abril, sábado, no Hall de Proa de Palexco, na Coruña, dende as 11 ata as 19 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario