domingo, 19 de febreiro de 2017

XVII Rebumbio Matemático


Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, convoca por 17ª vez esta actividade coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza - aprendizaxe das matemáticas en particular.

Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estrutura e o seu desenvolvemento. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes.

Poden participar todos os estudantes dos centros educativos de Galicia matriculados en 6º de Educación Primaria no curso 2016/17, formando equipos de tres, traballando na resolución dos problemas de xeito cooperativo.
[Máis información]

Ningún comentario:

Publicar un comentario