venres, 27 de xaneiro de 2017

El Correo Gallego - DataBeers Galiza


As cidades de Santiago de Compostela e A Coruña alternaranse como sede deste novo encontro trimestral ao redor do mundo dos datos.


Os datos está a mudar a nosa economía e a sociedade, e para incrementar a alfabetización nesta materia existe a organización sen ánimo de lucro DataBeers, que celebra eventos informais nos que unha serie de relatores contan historias ou expoñen proxectos nos que os datos son o ingrediente esencial dun xeito áxil e ameno. De feito, o formato adoptado para as presentación é o de PechaKucha, ou sexa, que as intervencións consistirán na sucesión de 20 imaxes durante 20 segundos cada unha, nas que non poderán presentarse fórmulas matemáticas complexas ou código de programación, xa que búscase principalmente un ton informal.

A primeira edición de DataBeers Galiza celebrarase na Coruña o vindeiro 2 de febreiro ás 19:30 horas no bar Linda Rama,

A inscrición ao evento é totalmente de balde a través de Eventbrite, sendo preciso reservar praza por limitacións de aforo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario