sábado, 21 de xaneiro de 2017

Naukas Coruña 2017


O teatro Rosalía de Castro acollerá o día 25 de febreiro a xornada de charlas científicas Naukas Coruña 2017, que organizan os Museos Científicos da Coruña xunto con Naukas, e que nesta edición se presenta baixo o lema A vida, o Universo e todo o demais.

A xornada, que terá carácter gratuíto, pero que require rexistrarse, ofrecerá un total de nove sesións de carácter divulgativo e estará conducida polo humorista Víctor Grande, que exercerá de mestre de cerimonias.

Na actividade, organizada polo Concello con Naukas, tamén colaboran a Escola de Imaxe e Son da Coruña e a Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU.

Ningún comentario:

Publicar un comentario