martes, 27 de novembro de 2018

Carmen Pomar sinala o STEMbach como unha oportunidade que facilita ao alumnado o acceso aos estudos superiores

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta mañá no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela na inauguración dunha xornada formativa dirixida a alumnado, profesorado e persoal investigador universitario colaborador no desenvolvemento do impulso do Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach). Esta modalidade impártese por primeira vez neste curso como iniciativa pioneira ao abeiro da Estratexia Galega para a Educación Dixital (EDUdixital)
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26520

Ningún comentario:

Publicar un comentario