martes, 27 de novembro de 2018

Fontán en Neda

 Non sei se realmente a nova –un chisco perdida entre tantos actos culturais como decotío ilustran unha bisbarra, tan ilustrada de seu como a nosa- tivo a difusión axeitada.
 
 
 Se cadra o noso diario foi o que estivo máis atento ao choio enviando un fotógrafo, o gran Jorge Meis, para cubrir o acto do 9 de novembro, na Casa da Cultura do Concello de Neda.
 Non outro que o da entrega oficial a Neda, logo da restauración por parte da súa representación municipal, dun exemplar orixinal da “Carta geométrica de Galicia”, máis coñecida como o “Mapa Fontán”, editado en París, en 1845, logo de moitos avatares coidando nas dificultades, económicas e de impresión, que o proxecto ciclópeo, dun ilustrado tan sobranceiro como Domingo Fontán, presentaba. E de Domingo Fontán, e do seu traballo, falounos polo miúdo un dos seus grandes coñecedores, o profesor lugués, Víctor Pollán.
https://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/fontan-en-neda/20181124213709242177.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario