sábado, 24 de novembro de 2018

Participación en Matemáticas ao Esprint para veteranos desde Estalmat-Galicia

Prezadas egresadas e prezados egresados de Estalmat-Galicia:

Este curso por primeira vez e, a proposta da novena promoción do proxecto, imos a formar un grupo para veteranos de Matemáticas ao Esprint. Precisamos que cubrades os vosos datos.
Hai un máximo de 30 prazas polo que empregaremos a orde de entrada para asignalas, si se superan esas prazas.
Para ser eficientes coa planificación como é o sábado 15 de decembro de 10:30 a 13:30, por favor antes das 14 horas do luns 10 de decembro cubride os vosos datos no seguinte enlace: formulario
Podedes participar desde a primeira á novena promoción. É semellante ás edicións que coñecedes, só os problemas son diferentes que os que terán que resolver os estudantes de primeiro e de segundo de Estalmat-Galicia.
Confirmaremos por correo electrónico os nomes das persoas seleccionadas e o publicaremos na web de Estalmat-Galicia. Non deberiades de ter dúbidas, pero de ter algunha enviade un correo a elena.vazquez.cendon@usc.es non ao correo de Estalmat-Galicia.
Cando se confirme que hai demanda suficiente para participar actualizarase a programación e será na Aula de Informática 5.
Moitas grazas polo voso interese e colaboración.
Fernando Castro e Elena Vázquez Cendón

Ningún comentario:

Publicar un comentario