venres, 30 de novembro de 2018

Fas ciencia na escola? Participa no premio Luís Freire!

O premio rende homenaxe ao biólogo Luis Freire.
 
Os Museos Científicos Coruñeses e o Concello da Coruña convocan un ano máis o Premio Luís Freire de Investigación Científica na Escola, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. Pretende fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas, e premia as investigacións e proxectos que se distinguen pola súa orixinalidade e rigor, e que demostren sentido crítico, curiosidade e constancia.
Con motivo especial do 20 aniversario da convocatoria premiaranse todas as inscricións que finalicen a súa investigación e presenten a súa memoria antes do 1 de marzo de 2019. As aulas de quen participen serán invitadas a visitar gratuitamente durante un día os tres museos científicos, complementándoa coas actividades que desexen realizar en cada un deles en función da oferta disponible.
https://www.gciencia.com/mc2/premio-luis-freire-ciencia-escola/

Ningún comentario:

Publicar un comentario