venres, 30 de novembro de 2018

Xornada UDCiencia 2018 na Casa das Ciencias


Talleres e actividades para todos os públicos desenvolvidos polo grupo UDCiencia da Facultade de Ciencias e o Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña.
O grupo UDCiencia de divulgación científica e innovación docente e o Departamento de Matemáticas da UDC, coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses, presentan o vindeiro sábado 1 de decembro a súa xornada anual de experimentos e actividades científicas dirixidas a todos os públicos.
A xornada desenvolverase na sala de actividades da Casa das Ciencias, no edificio da entrada ao Parque de Santa Margarida pola rúa Padre Sarmiento. A entrada será libre e estará aberta de 10.30 a 14.30 e de 16.30 a 19.00 horas.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario