Herba pequerrechiña
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿ Por qué de ser pequena
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeno sin ti!
Foi un dos poemas que vimos do poeta nado no Concello de Guitiriz, Xosé María Díaz Castro. E que este ano 2014 é o homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario