Nas Xornadas Estalmat de Guitiriz deste curso 2013-14 (1º e 2º) aconselláronnos probar esta sobremesa especial "A torta de Guitiriz". A verdade é que, algúns, levamos unha sorpresa cando a vimos por primeira vez na panadería, pois non contabamos que tivera a forma típica do bizcoito. Semellaba non ter nada especial.
De todos xeitos mercámola para probala e levar unha para ás nosas casas e probala con toda a familia. Nas cafeterías de Guitiriz xa un a pode probar pedindo un café. Sabe a pouco o trozo que lle dan a un, pero xa un comeza a ver algo diferente nesta sobremesa. O millo e a manteiga de vaca fana especial. A textura é moi boa, como podedes ver nalgunha destas fotos.
Logo buscando información da receita atopamos algunhas variantes, aquí un xa ten que investigar, nós imos poñer a que leva 8 ovos, que semella ser a clásica, outros prefiren 6 para que lle caiba comodamente no molde no molde. A outros chéganlle 3 (ó final do artigo). Tamén hai que lle bota máis de fariña de millo que triga, outros igualan a cantidade, e outros bótanlle máis de trigo. Outra curiosidade é a de non botarlle lévedo (fermento), aínda que si hai quen llela bota. Xa sabemos que nesto da cociña a variedade está na orde do día. Imos xa coa receita desta riquísima sobremesa:
- 6/8 ovos.
- 250 grs de manteiga de vaca cocida.
- 150 grs de azucre.
- 200 grs de fariña de millo
- 100 grs de fariña de trigo.
- Un vaso de leite
- Un vaso de leite
- Reladura dun limón.
- Azucre glas.
A festa da Torta de Guitiriz xunto coa da Orella celébrase o 6 e 7 de xuño.
Para rematar coas curiosidades, dicir que esta "delicate" ten unha historia na súa orixe, "A lenda da Torta de Guitiriz"
PREPARACIÓN: Nun recipiente mestúranse todos os ingredentes con leite . Remóvese ben a pasta resultante e ponse nun molde previamente engrasado. Se usamos levadura (10 gramos) engádeselle ó final de mesturar todo.
Finalmente métese no forno e déixase cocer e dourar durante 45 minutos a unha temperatura moderada-alta, co fin de que salga jugosa por dentro.
A festa da Torta de Guitiriz xunto coa da Orella celébrase o 6 e 7 de xuño.
Para rematar coas curiosidades, dicir que esta "delicate" ten unha historia na súa orixe, "A lenda da Torta de Guitiriz"
Ningún comentario:
Publicar un comentario