Un reloxo analemático represéntase sempre nunha superficie horizontal. As horas colócanse sobre unha elipse e sobre un analema (figura en forma de oito) que representa as datas do ano. Non hai gnomón. A sombra proporciónaa a propia persoa situándose sobre o analema no punto que corresponda segundo a época do ano. Esta hora que nos dá ó colocarnos no analema non coincide coa do noso reloxo de pulseira por dous motivos:
1º - Polo adianto de unha ou dúas horas da hora legal, isto é algo que non afecta ó recorrido aparente do sol.
2º- Cando o sol está no máis alto en Greenwich (Londres) faltan aínda 32 minutos para que cruce o meridiano de Guitiriz. Un sinxelo cálculo proporciónanos este dato: 360º dividido por 24 horas equivale a 15º /hora. Polo tanto os case 8º equivalen a 32 minutos. Isto quere dicir que hai que correxir 1h 32 minutos máis no inverno e 2h 32 min máis no verán.
Ler máis sobre reloxos de Sol
Artigo relacionado: Mezquita de Guitiriz
Ler máis sobre reloxos de Sol
Artigo relacionado: Mezquita de Guitiriz
Ningún comentario:
Publicar un comentario