Etiquetas
- Acrosport
- Arqueoloxía
- Asembleas
- Astronomía
- Biografías
- Boletíns
- Calendario Matemático
- Campamentos
- Celebracións
- Concursos
- Congresos
- Curiosidades
- Cursos
- Documentos
- Educación
- Fotos
- Guitiriz
- Historia
- Humor
- Informática
- Libros
- Música
- Novas
- Open Matemático
- Opinión
- Poesía
- Premios
- Prensa
- Problemas
- Recursos
- Revista Open
- Saídas Culturais
- Xogos
- Xuntanzas
mércores, 15 de febreiro de 2017
Comisión Mujeres y Matemáticas RSME
Desde este canal de youtube se pretende dar visibilidad a las mujeres matemáticas y a las estudiantes de matemáticas para animar a las chicas a estudiar esta disciplina. Esta campaña está promovida por la Comisión Mujeres y Matemáticas de la RSME y se enmarca dentro de los eventos promocionados entorno al 11 de febrero "Día internacional de la mujer y la niña en la ciencia". La campaña estará abierta del 11 de febrero al 11 de marzo de 2017 y en ella se anima a las mujeres a enviar vídeos explicando por qué estudiaron matemáticas y a qué se dedican en la actualidad.
Despedida Promoción ESTALMAT Pi-Galicia
O sábado 18 de febreiro celebrarase o Acto de Despedida da promoción de 2014 de ESTALMAT-Galicia. Será na Aula Magna da Facultade de Matemáticas de Santiago, ás 10:30h.
Parabéns aos 24 estudantes de esta 8ª promoción de 2014 e ás súas familias!
[Programa do Acto]
FIRST LEGO League Galicia
FIRST LEGO League (FLL) é un programa internacional que promove a ciencia e a tecnoloxía entre mozos de 10 a 16 anos, a través dun desafío ao que os equipos deben enfrontarse. Para iso deben demostrar que saben traballar en equipo, que poden resolver problemas, que son creativos, que saben comunicalo e, por encima de todo, que teñen moitas ganas de aprender.
Este ano, o desafío é Animal Allies e os equipos FLL poñeranse na pel dos animais. Que podemos conseguir cando nos axudamos os uns aos outros?
Os equipos participantes realizan un proxecto científico baseado neste desafío e participan nunha competición de Robots LEGO-MINDSTORMS.
O sábado 18 de febreiro terá lugar no Auditorio de Ferrol a terceira edición da FLL Galicia e que organiza a Universidade da Coruña. O horario é de 9:00 a 14:25 e a entrada é gratuíta.
martes, 14 de febreiro de 2017
La Voz de Galicia - Jaime Martínez Montero
Las matemáticas se enseñan tan mal que te dejan incapacitado para que alguna vez te gusten
Jaime Martínez se siente maestro, aunque es también doctor en Filosofía, profesor universitario, escritor, conferenciante, diplomático y, además, inspector de Educación. Desde el 2014 está jubilado, pero en absoluto descansa ya que, como líder del grupo de profesores que promueve una enseñanza alternativa de las matemáticas, recorre el país explicando que otro aprendizaje es posible. El miércoles 15 por la tarde estará en el colegio La Salle de Santiago invitado por Anaya, y completará el periplo en Vigo (el aforo está completo).[Leer entrevista]
domingo, 12 de febreiro de 2017
Big Data e Exploración Submarina
A Cátedra Jorge Juan da Universidade da Coruña organizará ao longo da xornada do xoves, 16 de febreiro, o taller Big Data e Exploración Submarina, que terá lugar na Sala Carlos III de Exponav, en Ferrol. Os relatores participantes pertencen á Universidade da Coruña, a Universitat de Girona, o Centro de Supercomputación de Galicia ou empresas de vehículos submarinos españolas e do resto de Europa.
Ademais, estarán representados o Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática, dependente do Ministerio de Cultura, e o Instituto Hidrográfico da Armada. Acudirán pola mañá alumnos da Armada Española e a Universidade da Coruña, mentres que os relatorios e presentacións da tarde, con inicio ás 15:40 horas, ábrense ao público en xeral.
Pechará o calendario Sergio Álvarez Leiva, experto en Big Data e Premio Fundación Princesa de Girona 2016, que intervirá ás 19:30 horas. O World Economic Forum de Davos incluíulle na rede mundial de mozos con maior proxección, mentres que a revista do MIT, o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, elixiulle en 2014 polas súas ferramentas de visualización de datos.
[Descargar Tríptico]
sábado, 11 de febreiro de 2017
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamiento das mulleres e as nenas, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decide proclamar o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para realizar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, incluídos na Axenda 2030. Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo inspirando e promovendo a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Desafortunadamente, elas seguen enfrontándose a barreiras que lles impiden participar plenamente nesta disciplina. De acordo cun estudo realizado en 14 países, a probabilidade de que as estudantes terminen unha licenciatura, unha mestría e un doutoramento nalgunha materia relacionada coa ciencia é do 18%, 8% e 2%, respectivamente, mentres que a probabilidade para os estudantes masculinos é do 37%, 18% e 6%.
www.11defebrero.org
LIII Olimpíada Matemática Española
Xa está dispoñible o sitio web oficial da LIII Olimpíada Matemática Española en Alcalá de Henares, que terá lugar os días 23 ao 25 de marzo.
mércores, 8 de febreiro de 2017
Matemáticas na Raia 2017
A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal (APM) convocan a segunda edición da actividade Matemáticas na Raia, concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.
A proba terá lugar o día 20 de abril e as inscricións están abertas ata o día 24 de marzo.
Bases da actividade.
Formulario de inscrición.
Ciencia Clip 2017
Ciencia Clip es una iniciativa de la Cátedra de Cultura Científica de la UPV/EHU, patrocinada por la Diputación Foral de Bizkaia, con la colaboración de la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, y en la que colaboran el grupo Big Van y las plataformas Naukas y Scenio. El objetivo del concurso es fomentar el interés por la ciencia y la tecnología, ofreciendo a los y las concursantes una oportunidad para desarrollar y ejercitar su creatividad y habilidades comunicativas en este ámbito.
Ciencia Clip es un concurso de estudiantes de ESO, Bachillerato y de ciclo básico y medio de FP de cualquier país.
Más información:
Noticia Naukas
Ciencia Clip
Canal YouTube
martes, 7 de febreiro de 2017
Xornada de Divulgación Estadística SGAPEIO
O dia 11 de febreiro de 2017 terá lugar, no salón de graos da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, o Acto do 25 aniversario da Sociedade Galega para a promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), no que impartirase unha conferencia e celebrarase unha mesa redonda ás que pode asistir calquera persoa interesada.
Posteriormente, terá lugar a Asemblea Xeral da SGAPEIO, para a que a asistencia está restrinxida aos seus membros.
[máis información aquí]
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









