mércores, 8 de febreiro de 2017

Matemáticas na Raia 2017


A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA)  e a Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal (APM) convocan a segunda edición da actividade Matemáticas na Raia, concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º  de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.

A proba terá lugar o día 20 de abril e as inscricións están abertas ata o día 24 de marzo.

Bases da actividade.
Formulario de inscrición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario