mércores, 15 de febreiro de 2017

FIRST LEGO League Galicia


FIRST LEGO League (FLL) é un programa internacional que promove a ciencia e a tecnoloxía entre mozos de 10 a 16 anos, a través dun desafío ao que os equipos deben enfrontarse. Para iso deben demostrar que saben traballar en equipo, que poden resolver problemas, que son creativos, que saben comunicalo e, por encima de todo, que teñen moitas ganas de aprender.

Este ano, o desafío é Animal Allies e os equipos FLL poñeranse na pel dos animais. Que podemos conseguir cando nos axudamos os uns aos outros?

Os equipos participantes realizan un proxecto científico baseado neste desafío e participan nunha competición de Robots LEGO-MINDSTORMS.

O sábado 18 de febreiro terá lugar no Auditorio de Ferrol a terceira edición da FLL Galicia e que organiza a Universidade da Coruña. O horario é de 9:00 a 14:25 e a entrada é gratuíta.


Ningún comentario:

Publicar un comentario