sábado, 11 de febreiro de 2017

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia


Co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamiento das mulleres e as nenas, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decide proclamar o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para realizar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, incluídos na Axenda 2030. Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo inspirando e promovendo a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Desafortunadamente, elas seguen enfrontándose a barreiras que lles impiden participar plenamente nesta disciplina. De acordo cun estudo realizado en 14 países, a probabilidade de que as estudantes terminen unha licenciatura, unha mestría e un doutoramento nalgunha materia relacionada coa ciencia é do 18%, 8% e 2%, respectivamente, mentres que a probabilidade para os estudantes masculinos é do 37%, 18% e 6%.

www.11defebrero.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario