José Celestino Mutis (1732-1808), foi sacerdote, botánico e matemático . Traballlou como médico durante catro anos no hospital de Cadiz. Dirixíu a Real Expedición
Botánica ao Reino de Nova
Granada ( Colombia,
Ecuador, Panamá, Venezuela. algo de Perú, Brasil e Guiana).
A Expedición
iniciouse en 1783 e prolongándose durante uns 30 anos.
En Botánica: estudou a flora do seu contorno e fixo unha marabillosa colección
de debuxos da flora grancolombiana
En Lingüística: estudou as linguas indíxenas do seu contorno e, entre outras
actividades, elaborou unha serie de vocabularios elementais (100 palabras de
cada idioma indíxena) por encarga do rei Carlos III. O rei respondía coa súa
petición a Mutis á demanda da tsarina Catalina a Grande, que lle pedira
vocabularios das linguas faladas en todos os seus reinos para facer un
monumental Dicionario de todas as linguas del mundo. Este dicionario
publicouse, pero os recompiladores tiveron
a mala idea de facelo por orde alfabética, polo que resulta case imposíbel de
consultar.
En Tecnoloxía: fixo importantes achegas
a procesos industriais, tales como a minaría da prata e a destilación do ron.
Aparte do billete antigo español de 2000 ptas,
tamén aparece no de 200 pesos de
Colombia
Ningún comentario:
Publicar un comentario